A Resi lévase o campionato na última xornada. Milagrosa, Palas e Sagrado os outros clasificados

En Grupo Sur, Principal, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

A Resi, campioa ao grande

 

POLVORÍN A 2 – RESIDENCIA A 7

A Residencia revalidou o título zonal xuvenil ao grande tras impoñerse en Montirón por dous goles a sete. Os de Dani Galán presentaranse no Provincial xuvenil como un dos rivais a bater, sendo o primeiro posto o seu obxectivo para intentar volver á Liga Galega xuvenil pola vía máis rápida.
A Residencia levou o peso do partido desde os primeiros minutos, pero ao descanso chegouse co cero a cero inicial. Un resultado irreal pola superioridade visitante pero sen pegada ante a portería rival.
Todo o contrario que nos segundos corenta e cinco minutos nos que se viron nove goles. O primeiro deles nada máis empezar da peor maneira posibles para os amarelos, que encaixaron en propia porta.
Aos oito minutos Fonseca fixo o segundo e a partir de aí o Polvorín desapareceu do terreo de xogo. A diferenza foise ata o momentáneo cero a seis. David Cobas maquillou un pouco o marcador con dous goles, pero o resultado final foise ata o dous a sete.

 


 

A Milagrosa lévase o último encontro ante o Monterroso, que queda fóra do corte

 

MILAGROSA 2 – MONTERROSO 0

O subcampionato do Grupo Sur xuvenil é para a Milagrosa, que tras gañar ao Monterroso esperaba unha derrota da Residencia ante o Polvorín, pero os da Cheda non deixaron lugar á sorpresa e quedáronse finalmente co primeiro posto.
O Monterroso, pola súa banda, tiña que gañar este encontro para optar ao Provincial, pero finalmente xogará as fases previas da Copa á volta das vacacións.
No partido da Frigsa ambos equipos saíron coa intención de ter o control e os locais foron millores nos primeiros minutos, pese a que tampouco xeraban ocasións para facer gol. Sería David L. o que adiantara aos albivermellos mediada a primeira parte, tras unha serie de rexeites.
Co 1-0 chegouse ao descanso e, tralo paso polos vestiarios, o Monterroso saíu mellor e tiveron o empate en cadanseu disparo de Javi e Joselu. Pero a Milagrosa puxo o acerto nos últimos metros para, a escasos minutos do final, facer o definitivo 2-0 nunha contra por medio de Xoel.

 


 

A efectividade do Becerreá foi clave

 

QUIROGA 1 – BECERREÁ 2

No mellor partido da tempada do Quiroga, o fútbol foi inxusto cos locais, que viron como o Becerreá levaba os tres puntos sen merecelo. De inicio os de Antón saíron mellor e adiantábanse pronto cun gol de Nacho. A partir de aí o dominio do Quiroga foi total, conseguindo empatar tralo descanso. Pese a que as ocasións para os de Andrés seguían sucedéndose, o Becerreá fixo o 1-2 nunha contra, pouco antes do asubío final.

 


 

O Sagrado estará no Provincial

 

SARRIANA 2 – SAGRADO 1

Pese a deixarse os tres puntos na Ribela o Sagrado estará na segunda fase, xa que o Monterroso tamén perdeu na Frigsa. A vitoria da Sarriana chega tarde para os intereses dos locais, que este ano teranse que conformar con loitar pola Copa tralo parón de Nadal. Os de Brais tamén comezarán a competición á volta das vacacións.

 


 

Primeira gran alegría nos Chacotes

 

PALAS 4 – TABOADA 0

O Palas estreou o novo campo da mellor forma posible, selando a súa clasificación para o Provincial xuvenil, Os de Luís Mato chegaban á última cita dependendo deles e ata tralos resultados que se deron, clasificáronse desde o terceiro posto. No primeiro minuto Óscar fixo o cero a un, pero o Palas xogou con lume ata os últimos minutos nos que un doblete de Xesús e outro gol de Pablo  selaron o pase ao Provincial xuvenil.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu