A Resi despega tralo empate do Burela – Ribadeo. Vitorias tamén de Palas e Castro

En Provincial, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

Veloso tamén reina na Frigsa

 

MILAGROSA 0 – RESIDENCIA 1

Suma e segue da Resi, con seis vitorias noutros tantos partidos deste Provincial. Para os de Dani Galán valeu o solitario gol de Veloso no minuto dez ante a Milagrosa.
Na Frigsa o partido transcurriu con máxima igualdade, sen control para ningún dos dous equipos, moi imprecisos e sen acerto nas escasas ocasións das que gozaron.
O primeiro contratempo foi para os locais, coa lesión de Luis ao final da primeira parte, que obligaba ao mediocentro Anxo a colocarse baixo paus para sacar un man a man de Veloso xusto antes do descanso. Tralo intermedio chegaron os problemas para a Resi coa lesión de Dani. Os branquiazuis non souberon pechar o encontro e tocoulles sufrir nos minutos finais, cunha Milagrosa que se foi arriba e busca dun empate que podería ser xusto tralo visto ao longo dos noventa minutos.


 

O Ribadeo suma o primeiro punto no Provincial e seca ao Burela na Marosa

 

PORTO BURELA 0 – RIBADEO 0

Os de Salva estrean a súa conta cun empate sen goles en Burela. A defensa ribadense freou durante todo o encontro aos locais, que pese a facerse dende os primeiros minutos co dominio do balón non tiveron ideas á hora de finalizar as xogadas.
Xa na segunda metade o Ribadeo puido adiantarse en dúas ocasións, de Adrián Barrera e Jorge. O Burela, pola súa banda, tivo a máis clara no último suspiro, con ata tres remates a portería nos que os locais pediron mans dun xogador rival na área pequena.


 

O Palas soubo madurar o encontro para lograr a súa terceira vitoria consecutiva

 

PALAS 3 – SAGRADO 0

A boa primeira parte do Sagrado non foi suficiente para frear a un Palas que xa colleu a velocidade de cruceiro neste Provincial, con tres vitorias noutros tantos encontros.
Tras uns primeiros minutos de tenteo Iván Navia abría o marcador, e xusto antes do descanso Unai remataba de cabeza un córner para facer o 2-0.
Tralo paso polos vestiarios Rubén puido recortar distancias, pero o seu disparo foise fóra por pouco. Acto seguido Pablo, cun centro chut, facía o terceiro que sentenciaba o encontro a favor do conxunto local, que de aí ao final mantivo o partido baixo control.


 

Mángel decantou na última xogada para o Castro un partido moi igualado

 

LOURENZÁ 1 – CASTRO 2

O campo de Santa Cruz, case impracticable, foi testemuña dun partido no que ambos equipos estaban necesitados de puntos. Así, cunha parte para cada un, o Lourenzá golpeaba primeiro logo de avisar ata en tres ocasións, cun gol obra de Diego tras un lanzamento de córner.
Tralo paso polos vestiarios o Castro foise con fe a polo partido e, a falta de vinte minutos, Lage devolvía as taboas ao marcador.
Os visitantes chegaron mellor aos minutos finais e, froito diso, Mángel facia o definitivo 1-2 tras un centro de falta lateral para darlle os tres puntos ao Castro, que volve sumar de tres en tres tras dúas derrotas.

 

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu