A resaca de Abegondo mermou aos lucenses

En Cadete, División de honra

A ansiedade por gañar  deixou sen paciencia na elaboración a un Lugo que, ademais, atopouse cun bo porteiro herculino

O Lugo empatou ante o Calasanz sumando un punto que sabe a pouco para os lucenses xa que, sobre todo por ocasións, mereceron os tres en xogo.
Con todo, a ansiedade por gañar trala derrota en Abegondo a pasada xornada fixo que os de Martín Murado xogasen máis precipitados e ansiosos do normal, faltándolles tranquilidade e pausa co balón para poder xerar máis ante un Calasanz ben situado en repregamento.
Nos primeiros minutos as disputas e as segundas xogadas gañaron moito protagonismo, sen que apenas houbese chegadas ás áreas co paso do encontro ata chegar ao descanso.
Iago Fernández foi o máis incisivo pola banda dereita con centros que non atoparon rematador, mentres que o Calasanz buscou crear perigo en accións a balón parado, especialmente con dous saques de esquina nos que puxeron en apuros a Demetrio.
Pese a iso, ao descanso chegouse co cero a cero inicial, Aínda que este marcador rompeuse á hora de xogo ao inauguralo o Calasanz co cero a un. Un gol que chegou tras unha contra perfectamente executada polos herculinos.
Con vinte minutos por diante Martín Murado apostou pola remontada. Variou o debuxo táctico pasando a xogar con dous puntas, Borja e Brian, sendo este último o que viu portería ao culminar un man a man ante o acertado porteiro herculino.
Na recta final o Lugo buscou o gol da vitoria pero atopouse coa solvencia defensiva do Calasanz nun final de encontro no que debutou Siro oficialmente coa camiseta do CD Lugo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu