A pólvora estivo mollada

En Liga Galega, Xuvenil superiores

O Viveiro perdoou e pagouno cunha derrota no primeiro encontro disputado polo equipo xuvenil no Estadio Municipal Marcos Gómez

O Viveiro non puido sumar os tres primeiros puntos en xogo no recentemente nomeado Municipal Marcos Gómez. O antigo Municipal do Cembedo cambiou o seu nome co que agora se honra a memoria do falecido xogador celeste.
O primeiro rival era de entidade e demostrouno desde os primeiros minutos nos que o Bergantiños fíxose co peso do encontro a partir da posesión do balón, pero cando o Viveiro apertaba ben na primeira liña de presión, os visitantes non dubidaban en xogar en longo e para poñer o balón pola vía rápida en campo contrario.
O Viveiro cambiou a súa formulación e defendeu máis atrás para poder roubar e saír con espazos. Macly xerou moito perigo por banda e Carlos dispuxo das dúas ocasións máis claras antes de chegar ao descanso. Pola súa banda o Bergantiños foise diluíndo aos poucos e tan só inquietou a Rubén cun par de accións a balón parado sen excesivo perigo.
Con todo por decidir chegouse á segunda parte. Un segundo tempo marcado polo gol do Bergantiños nada máis empezar cun D de falta directa.
A partir de aí, os visitantes repregáronse máis e o Viveiro foise con descaro a polo empate con Anxo e Macly nos extremos, dando profundidade e desborde. O Bergantiños tivo que poñerse duro e para frear aos celestes e fíxoo con seis tarxetas, tres delas forzadas por Macly, pero o asedio do Viveiro quedouse sen derrubamento pese a acumular ocasións claras de gol na recta final.

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu