A pegada do líder castigou a un Lugo B moi ordenado

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

IVÁN ALONSO – CD Lugo B

“Defensivamente cumplimos todos los objetivos. Nos quedó hacer más daño con balón”

SAN TIRSO 3 – CD LUGO B 0

O Lugo B despediu o 2017 no escenario máis complicado da Liga Galega cadete, medíndose a domicilio co líder destacado da competición, onde os de Iván Alonso ofreceron un gran rendemento defensivo aínda que sen a presenza necesaria en ataque para poder rabuñar algo positivo.
O guión previsto cumpriuse desde os primeiros minutos, nos que o San Tirso fíxose co mando do balón ante un Lugo B ordenado e que minimizou o potencial local. De aí que se chegase co cero a cero inicial ao descanso.
Xa na segunda parte o primeiro erro defensivo do Lugo B foi penalizado cun penalti que supuxo o un a cero. O plan dos lucenses non se viu alterado, xa que tiñan como máxima chegar con vida ao tramo final do encontro. Con todo, unha acción illada tras un saque de porta longo do San Tirso supuxo o dous a cero.
A partir de aí o Lugo B xerou algo de perigo por medio de Manu e Brian, pero o San Tirso confirmou a súa condición de líder ao sentenciar o encontro na recta final co definitivo tres a cero.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu