a pegada do Deportivo B desnivelou o marcador final no bo encontro do Viveiro na Coruña

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte

LUCHI – Viveiro CF

“Partido de mucha igualdad en el que el rival aprovechó mejor las ocasiones que generó”

DEPORTIVO B 4 – VIVEIRO CF 2

O Viveiro estivo moito máis metido no partido do que reflicte o catro a dous final ante o Deportivo B en Abegondo, onde os mariñaos sobrepuxéronse a un discreto inicio para encerrar aos herculinos no seu propio campo.
Os primeiros vinte minutos tiveron un claro dominio local, nos que o Deportivo B inaugurou o marcador e dispuxo dalgunha ocasión máis para poder ampliar a conta. Con todo, co paso dos minutos o Viveiro asentouse, axustou mellor no centro do campo e empezou a crecer en ataque.
Deste xeito chegou o empate a un que asinou Manu Río sen tempo para saborealo, xa que tan só un minuto despois, o Deportivo B volveu adiantarse no marcador cun golazo dende trinta metros.
O dous a un non variou o rumbo do encontro e grazas a iso o Viveiro terminou a primeira parte con boas sensacións e con ocasións para empatar.
Xa na segunda mantívose a mesma liña, cun Viveiro con máis presenza con balón e metendo ao Deportivo B no seu campo. Froito diso chegou o empate a dous por medio de Noel, ao culminar unha acción de Luís por banda esquerda.
Cun cuarto de hora por diante a moeda podía caer para calquera lado, e nesta ocasión saíu cara para o Deportivo, que cun gol á contra tras un saque de esquina do Viveiro, no que perderon o balón ao intentar sacalo en curto, volveu adiantarse no marcador antes de sentenciar o encontro nos minutos finais co Viveiro envorcado en busca do empate.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu