A pegada correu a cargo dos locais no encontro entre Bergantiños e CD Lugo

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo

“O resultado final é moi avultado para o sucedido no terreo de xogo ao longo do encontro”

BERGANTIÑOS 4 – CD LUGO 0

O Lugo encaixou un avultado catro a cero ante o Bergantiños nun partido no que tiveron que remar contracorrente desde os primeiros minutos tras encaixar o un a cero ao inicio.
A primeira xogada do partido terminou en córner e tralo saque de esquina o Bergantiños inaugurou o marcador. A partir de aí o Lugo arriscou máis do que tiña pensado, cunha presión en campo rival ante a que os locais atoparon espazos ás costas da defensa lucense para xerar perigo.
O dous a cero chegou nunha destas accións, cunha contra ao plantarse só un dianteiro local ante Raúl para ampliar a vantaxe ao filo da media hora.
Tralo descanso víronse os mellores minutos do Lugo ao longo do encontro, cunha posta en escena ilusionante na que meteron ao Bergantiños no seu campo.
O Lugo tivo o control do encontro a partir da posesión do balón, pero foron incapaces de romper a última liña do Bergantiños para poder dispoñer de ocasións e con iso poder recortar distancias no marcador.
Á hora de xogo o partido quedou completamente visto para sentenza ao encaixar os de Brais Prados dous goles en dous minutos.
Na próxima xornada o Lugo despedirá a tempada ante o Bertamiráns en casa na penúltima cita desta Copa Galicia infantil.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu