A peaxe polos erros merma ao Viveiro

En Cadete, Liga Galega

Empate que sabe a pouco para os celestes, que deixaron escapar dous puntos tras dúas xogadas desafortunadas

O inicio de tempada do Viveiro está a ser marcado pola gran penalización que sofren os celestes a consecuencia dos erros propios. Uns descoidos que están a custar unha peaxe moi alta, especialmente en forma de puntos como o pasado sábado no Municipal Marcos Gómez ante o Ural B.
Tras os primeiros minutos, marcados polo respecto mutuo, o Viveiro foi o primeiro en abrir o tarro das hostilidades ao inaugurar o marcador co un a cero aos sete minutos. Un gol que asinou Jericó tras rematar un centro desde a liña de fondo.
Sen moito tempo para asimilalo chegou o empate. Cando o Viveiro parecía ter controlado o encontro, un balón longo do Ural B colleu adiantada á defensa celeste e a contra terminou en penalti e gol desde os once metros para os herculinos.
Co empate a un no marcador o Viveiro intensificou a súa presenza en campo rival, onde se xogou gran parte do partido, pero sen mordente nos metros finais para xerar ocasións claras de gol.
A segunda parte comezou como a primeira, cun gol do Viveiro aos sete minutos, neste caso o dous a un que subiu ao marcador Luís cun disparo desde fóra da área.
Nesta ocasión foi o Ural B o que adiantou liñas, pero sería o Viveiro quen tivera a ocasión máis clara para ampliar o marcador cun remate de Luís desde dentro da área que se foi rozando o poste.
Os minutos pasaban e o Viveiro apenas pasaba por complicacións defensivas, ata que na recta final un irregular saque de banda do Viveiro deulle a posesión ao Ural B, que nese mesmo saque de banda trenzou unha rápida contra con cambio de orientación que supuxo o empate a dous definitivo no Marcos Gómez.

También puedes leer!

O Burela está a oitenta minutos do ascenso

  BURELA 3 – NARÓN 2 O Burela esta a un partido, a oitenta minutos de facer historia ao

Leer más...

Tan só os penaltis afastaron ao Xove Lago do soño da fase final

Os de Kiko Rey caeron en semifinais ante o Calvo Sanz, campión zonal na fase disputada en Narón, e

Leer más...

A fortuna non estivo de cara

CD Lugo e Residencia alevín remataron cuarto e quinto respectivamente nas súas sedes, nas que caeron eliminados ante os

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu