A moeda volve caer cruz para o Calasancio

En Infantil, Liga Galega

Dura derrota nun partido igualado marcado polo mal estado do terreo de xogo e as ausencias

Un solitario gol do Alondras ao filo da media hora de xogo deixou sen puntuar a unha boa versión do Calasancio nun partido que, por sentido común, non se debeu de disputar, ao estar o terreo de xogo en moi malas condicións pola continua choiva que acompañou aos dous equipos ao longo dos oitenta minutos de partido.
A intensidade de ambos conxuntos estivo fóra de toda dúbida, pero o fútbol quedou nun segundo plano xa que apenas se podía combinar, de aí que a loita se librase no medio campo, moi lonxe das áreas e as accións a balón parado foron as únicas vías que atoparon os equipos para poder xerar perigo.
Nunha destas accións chegou o único gol do encontro, tras un posible fóra de xogo o Alondras dispuxo dun córner a favor, colgado en segunda instancia tras un despexe da defensa monfortina, pero á segunda o balón terminou no fondo das mallas á media hora de partido.
Tras recuperar forzas no descanso, os dous equipos volvéronse a poñer o mono de traballo nun campo no que era imposible xogar. Pese a iso, Cereijo e Díaz conseguiron colgar algún balón á área rival, pero a fortuna volveu darlle as costas aos monfortinos.

“Las condiciones del campo y la climatología marcaron el partido” MANU RODRÍGUEZ CP Calasancio

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu