A Milagrosa xa ten a súa praza no Provincial cadete

En Cadete, Cadete Autonómica, Grupo Norte Cadete Autonómica, Principal

A Residencia B comprime a Liga

 

RESIDENCIA B 2 – LOURENZÁ 1

A falta de tres xornadas para finalizar a primeira fase do Grupo Norte cadete, tan só a Milagrosa ten asegurada a súa presenza no Provincial. As outras tres prazas póñense a lume vivo trala vitoria da Residencia B ante o Lourenzá.
Na Cheda ao descanso chegouse co cero a cero inicial, pero na segunda parte Brais Mesa inaugurou o marcador ao transformar un libre indirecto dentro da área moi protestado polos laurentinos.
A partir de aí o Lourenzá buscou o empate e tras algunha ocasión, Aarón selou o un a un tras unha falta.
Con todo por decidir os dous equipos buscaron o gol da vitoria nos minutos finais, nos que a Residencia B estivo máis certeira e quedouse cos tres puntos en xogo ao rematar Miguel un saque de esquina nunha das últimas accións do encontro.
O Lourenzá recibirá a próxima xornada ao líder, a Milagrosa, xa clasificada, mentres que a Residencia B visitará A Marosa para medirse co Porto de Burela.

 


 

O Viveiro B tivo un plus nos infantis

 

VIVEIRO B 4 – SAN CIPRIÁN 0

O Viveiro B impúxose ao San Ciprián nun partido con dúas partes distintas. A primeira disputouse de poder a poder e ao descanso chegouse co cero a cero inicial pese a que os dous equipos dispuxeron dun par de ocasións claras. Xa na segunda metade, a entrada dos xogadores infantís no campo deulle un plus ao Viveiro, polo que desnivelou o partido e o marcador ao seu favor.

 


 

O Castro segue metendo presión

 

CASTRO 4 – VILLALBÉS B 1

Segunda vitoria consecutiva dun Castro que segue metendo presión aos seus rivais por un posto entre os catro primeiros clasificados, o que lles daría unha praza no Provincial cadete. Ante o Rácing Villalbés B os de Raúl Morán aproveitaron a súa superioridade física para desnivelar o marcador co cero a dous ao descanso antes de empezar a pensar nas próximas citas ante Polvorín B, Viveiro B e Ribadeo, conxuntos ante os que se xogará unha praza no Provincial cadete.

 


 

Un líder de dez acaricia o título zonal e asegura o Provincial cadete

 

MILAGROSA 10 – XOVE LAGO

Golpe de autoridade de unha Milagrosa que xa está clasificada para o Provincial cadete e que será campioa zonal a próxima xornada de sumar os tres puntos ante o Lourenzá.
Onte os de Madriles recibiron a un Xove Lago que chegaba dende o segundo posto, pero aos de Jose Iravedra nada lles saíu ben en Frigsa.
Aos dez minutos Bruno tívose que retirar lesionado, pero antes a Milagrosa xa dispuxera dalgunha ocasión clara que Iker, o mellor dos mariñaos, detivo.
Iago Buján fixo o un a cero e Nair o segundo en pleno monólogo local tras unha acción de estratexia que saíu á perfección. A partir de aí a Milagrosa non concedeu opción ante un Xove Lago que se diluíu ao seu paso por Frigsa.

 


 

O Foz foi imparable a balón parado 

 

FOZ 8 – PORTO BURELA 0

O Foz impúxose con autoridade ao Porto de Burela nun encontro no que os de Asier fixeron cinco dos oito goles a balón parado.
Dende o inicio o Foz foi máis intenso e tivo o control do encontro, Marcou pronto e levou o marcador ata o cinco a cero ao descanso. Na segunda parte mantiveron unha liña constante coa que selaron o oito a cero final no mellor encontro do Foz no que vai de tempada.

 


 

O Ribadeo asaltou o segundo posto

 

RIBADEO 5 – POLVORÍN B 1

O Ribadeo asaltou o segundo posto e está a un paso de selar a súa presenza no Provincial cadete tras impoñerse ao Polvorín B nun partido con máis goles que fútbol.
Ao descanso chegouse cun axustado un a cero tralo gol de Kei. O Ribadeo foi mellor nesta primeira parte, pero na segunda os visitantes deron un paso á fronte malia que o global foi de catro a un para o Ribadeo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu