A Milagrosa tocada, pero non afundida

En Fase de Ascenso, Infantil, Infantil Autonómica, Principal

MADRILES – SCD Milagrosa

“El Lalín fue mejor en la primera parte, pero en la segunda demostramos que podemos hacerles daño en los ochenta minutos que aún tenemos por delante en esta eliminatoria”

LALÍN 3 – MILAGROSA 0

A Milagrosa terá que facer unha xesta heroica para estar a próxima tempada na Liga Galega infantil. Unha machada case imposible se un se fixa tan só no marcador final, pero analizando o encontro e co paso dos días e adestramentos desta semana, a fazaña verase máis accesible tras asimilar o sucedido no partido de ida.
A Milagrosa presentouse no Manuel Anxo Cortizo de Lalín sen unha das súas referencias no terreo de xogo, Miguel, que está practicamente descartado para o encontro de volta por lesión.
A Mila empezou o encontro da mellor forma posible, sen complexos e xerando perigo. Unha boa proba diso foi o cero a un no primeiro minuto de partido, que o árbitro anulou por un fóra de xogo canto menos dubidoso.
O gol en contra, malia non subir ao marcador, reactivou ao Lalín, que tomou o mando do partido e aproveitou dúas accións puntuais para inaugurar o marcador e poñer terra polo medio co dous a cero en apenas seis minutos de diferenza.
A partir de aí as forzas igualáronse ata chegar ao descanso. Xa na segunda parte a Milagrosa foi mellor, os de Madriles axustaron mellor e xeraron moitas ocasións claras de gol, marcando o camiño a seguir no partido de volta.
A fortuna aliouse co Lalín, ao conseguir o tres a cero, inxusto, tras un rexeite. Pero no fútbol a fortuna vai e volve, tal vez no partido de volta a Milagrosa a teña de cara e consiga unha xesta histórica remontando esta eliminatoria co apoio da afección e co factor Frigsa.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu