A Milagrosa segue adiante tras superar ao Santa María del Mar cun gol de Rafa

En Fase de Ascenso, Infantil, Infantil Autonómica

 

MILAGROSA 1 – SANTA MARÍA 0

A Milagrosa segue adiante na fase de ascenso á Liga Galega infantil tras superar a primeira eliminatoria que lle mediu co Santa María del Mar da Coruña no campo sarriao da Ribela, polo que agora aos de Madriles sepáranlles dúas eliminatorias do ascenso. A próxima será tamén en campo neutral ante o Narón, que perdeu ante o Boiro no seu cruzamento entre campións provinciales.
A xornada do sábado comezou con incógnita, xa que a presenza de Rafa estaba en dúbida tras recibir o nove da Milagrosa un golpe no último adestramento da semana. Ao final, Rafa recuperouse, saíu de partida e foi determinante no marcador final, ao facer o único gol do encontro ao fío da media hora de xogo, co que xa suma trinta e oito goles no que vai de tempada.
O partido empezou co guión previsto pola Milagrosa, cunha posta en escena intensa que propiciou que os albivermellos dispuxesen de dúas claras ocasións nos primeiros minutos por medio de Rafa e Miguel.
Pouco a pouco o Santa María del Mar conseguiu igualar forzas, pero cando máis crecían os herculinos, a Milagrosa inaugurou o marcador ao aproveitar Rafa un rexeite para establecer o un a cero preto da media hora de xogo inicial.
Xa na segunda parte a Milagrosa xogou o seu partido, tirou de solvencia e, lonxe de dedicarse a defender o marcador, dispuxo das ocasións máis claras para poder sentenciar á contra a eliminatoria antes do asubío final do colexiado.
Os de Madriles seguen adiante e co encontro ante o Narón da vindeira fin de semana xa no punto de mira para poder acceder á última eliminatoria, que si será a idea e volta.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu