A Milagrosa saborea a súa primeira vitoria

En Cadete, Liga Galega, Principal

Tras impoñerse ao orillamar, os de Madriles alzan o voo

O bo partido realizado pola Milagrosa no Roca a pasada xornada ante o Rácing Villalbés non foi casualidade. Os de Madriles, adaptados xa ao novo sistema de xogo, demostraron que son e van ser competitivos nesta Liga Galega cadete tras impoñerse ao Orillamar en Frigsa.
Tras asentarse no campo nuns primeiros minutos de tenteo nos que a Milagrosa buscaba ter o balón canto máis lonxe da súa área mellor, os de Madriles empezaron a crecer. Denis tivo a primeira chegada con perigo, a partir de aí Diego e Raúl, cun disparo desde a frontal da área, amagaron co un a cero, que chegou no último minuto da primeira parte cun remate de Diego Cabarcos.
Tralo descanso o Orillamar adiantou as liñas e o partido púxoselle a pedir de boca á Milagrosa, que con espazos foi letal. Yago definiu á perfección unha contra para facer o cero a dous e, pese a que o Orillamar recortou distancias, a Milagrosa sentenciou o partido por medio de Rafa co tres a un final co que se recompesou o gran partido local.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu