A Milagrosa perdonou e cedeu puntos

MILAGROSA
Guión e desenlace xa coñecido en Frigsa para unha Milagrosa que mereceu os tres puntos en xogo pero tívose que conformar con parte do botín tras adiantarse no marcador, dispoñer de claras ocasións para o 2-0 e ver como o rival empataba facendo moitos menos méritos.
O ritmo alto marcou a posta en escena, sen moitas ocasións no treito inicial pero con pegada da Milagrosa na primeira que tiveron os de Madriles, inaugurando o marcador Ian antes do descanso cun bo remate tras centro de Diego.
Antes de rematar a primeira parte, Ian dispuxo dunha clara para o 2-0 e na segunda parte Pablo Teijeiro e de novo Ian volveron rondar o segundo gol local, que se resistiu, mentras que o Bertamiráns tras saír con vida, empatou o encontro tras unha pérdida de balón en campo propio da Milagrosa, repartindo un botín que, por méritos, debía ser íntegro para os lucenses.

 

Salir de la versión móvil