A Milagrosa loitou, pero con balas de fogueo

En Cadete, Liga Galega Norte, Principal

OS DE MADRILES seguen enfadados co gol. Só un, no que vai de cursoO Ural B levouse todo o botín en xogo das Gándaras ante unha Milagrosa que segue enfadada co gol neste inicio de tempada no que os de Madriles tan só conseguiron un en tres encontros e foi na abultada derrota en Abegondo.
Ante o Ural B a premisa era meterlle ritmo ao partido desde os primeiros minutos para que os herculinos o pasasen mal, especialmente durante o tempo que lles levaría adaptarse ás dimensións e características do campo.
Con todo, os de Madriles puxéronlle ao seu rival a alfombra vermella asinando unha mala posta en escena na que abusaron dos pases en campo propio propiciando que o Ural B se atopase cómodo repregado.
Ao longo do encontro as ocasións brillaron pola súa ausencia nas Gándaras e a sensación era clara. O que marcase levaríase os tres puntos en xogo.
Os herculinos amagaron pero non pegaron ata o último minuto da primeira parte no que, tras un disparo despexado por Borja, un dianteiro visitante aproveitou o rexeitamento para facer o cero a un. Na segunda parte, a Milagrosa intentouno, pero sen chegar a morder nos metros finais xa que tan só se contabilizou unha aproximación de Rafa sen excesivo perigo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu