A Milagrosa e o Ribadeo, por un posto na Fase de Ascenso Infantil

En Infantil, Infantil Autonómica, Principal, Provincial

A chave está na Cheda

 

MILAGROSA B 3 – VILLALBÉS 1

Vitoria da Milagrosa, que acumula forzas de cara ás dúas próximas xornadas nas que se xogará a clasificación para a Fase de Ascenso. Os de Madriles lograron ante o Villalbés o triunfo necesario para non perder a vantaxe sobre o Ribadeo na loita pola segunda praza. Os da Frigsa aproveitaron a súa potencia física para presionar arriba e chegar á area con perigo en contras e centros laterais ante un Villalbés con moitas dificultades para hilvanar xogadas máis aló do propio campo. Así, nos últimos dez minutos antes de chegar o descanso, marcaron dous goles que lles poñían o encontro de cara. Sen embargo, na segunda parte, os racinguistas recurtaron distancias nunha contra ben levada por Álex e Javi, que finalizou Anxo. Con máis confianza tras o gol, o equipo de Simón Lamas creceuse e levou certo nerviosismo ás filas locais con algunhas chegadas á area e faltas nas que amagou co empate.
A incertidume mantívose ata o último minuto do encontro, no que a Milagrosa conseguiu marcar o 3-1 e pechar o partido. Co triunfo na man os de Madriles botan contas. Unha vitoria na Cheda permitiríalles asegurar a clasificación sen agardar o que faga o Ribadeo. Se fallan e os ribadenses gañan, o duelo directo da última xornada decidirá quen xoga a Fase de Ascenso.

 


 

O Ribadeo mete presión á Milagrosa cunha vitoria que o mantén na loita

 

PIRINGALLA 0 – RIBADEO 2

O Ribadeo apura as súas opcíóns de clasificarse para a Fase de Ascenso. Os de Roberto seguen cinco puntos por debaixo da Milagrosa, con seis por disputarse, pero cun duelo directo de por medio, na última xornada, que lles permite manterse na loita. Os ribadenses seguen coa calculadora na man grazas á vitoria lograda o sábado ante a Piringalla, nun partido no que tardaron en abrir a lata.
Non puideron facelo nunha primeira parte con ocasións claras que non materializaron e, na segunda metade, a Piringalla saíu con máis intensidade ao campo, equilibrando as forzas sobre o terreo de xogo. Javi logrou adiantar aos mariñaos, pero tivo que aparecer Iñaki para deter un penalti antes de que Kai pechase o encontro co 0-2.

 


 

A Residencia acaba vencendo a un Burela que se resistiu malia as baixas

 

BURELA 0 -RESIDENCIA 3

O Burela chegou nas peores condicións ao partido fronte ao líder, Con sete baixas, que os obrigaron a saír de inicio cos alevíns Rafa Cancelos e Samuel, asumindo responsabilidades que aínda non lles tocaban pero coas que cumpriron, contribuíndo a manter o partido aberto ata o minuto 60 cando Gabri, nunha boa acción individual lograba o 0-2. Os branquiazuis íanse no marcador que pechou  Dani Pérez, cun golazo desde case o medio campo, nos últimos minutos.

 


 

A lesión de Dani eclipsou o encontro entre Lugo B e Viveiro na Fonte

 

CD LUGO B 2 – SD VIVEIRO 2

A lesión de Dani A., que sufriu unha fractura no brazo nos primeiros minutos, deixou no segundo plano o resultado do encontro disputado o sábado na Fonte. A desafortunada acción chegaba nos primeiros minutos, co encontro empatado despois de que, no 2, Mendaña adiantase o Viveiro nun córner e o Lugo B respondese de inmediato cun tanto de Ayman, que rematou no primeiro pau un centro de Dani. Tras este intercambio de goles inicial, os albivermellos fixéronse co dominio e as ocasións, pero non estiveron acertados e só puideron lograr unha vantaxe mínima, 2-1 cun remate de Alonso desde fóra da área que neutralizou outro gol de Mendaña, de novo tras un córner.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu