A Milagrosa xa ten unha praza na Fase de Ascenso cadete

En Cadete, Cadete Autonómica, Principal, Provincial

A Milagrosa xa ten o pase 

 

MILAGROSA 2 – CASTRO 0

A Milagrosa loitará polo ascenso á Liga Galega cadete tras impoñerse ao Castro e asegurarse deste xeito unha das dúas primeiras prazas. Os de Madriles avantaxan en catro puntos a Residencia e Ribadeo con dúas xornadas por disputar. Na última hai un Ribadeo – Residencia, polo que como moito daríase un empate a 29 puntos do que a Milagrosa sairía airosa. Agora, o próximo reto dos de Frigsa é alzarse co título Provincial e acudir á fase de ascenso como cabezas de serie, algo que chegaría de puntuar na Cheda a próxima xornada.
O Castro presentouse en Frigsa coa intención de meterse de cheo na loita de cara ás dúas últimas citas, pero os de Raúl Morán non estiveron ao seu mellor nivel ante o líder da clasificación. As disputas e o fútbol directo tiveron moito protagonismo nunha primeira parte na que a Milagrosa monopolizou as ocasións, dispoñendo de varias antes de que Neira fixese o un a cero co que se chegou ao descanso. Na segunda parte a Milagrosa perdoou a sentenza de novo en varias ocasións, polo que tivo que esperar ao gol de Marco a dez minutos para o final para respirar con tranquilidade.

 


 

Xusto empate nas Gándaras tras unha parte para cada equipo

 

SAGRADO 2 – SARRIANA 2

Xusto reparto de puntos entre o Sagrado Corazón e a Sarriana, nun partido no que os capitalinos dominaron a primeira parte e os sarrianos a segunda.
Aos cinco minutos o Sagrado inaugurou o marcador por medio de Jony R. ao culminar un pase de Aarón cunha vaselina. Aos poucos a Sarriana foi crecendo e na segunda parte empatou por medio de Álex, e culminou a remontada por medio de Abella. Acto seguido o Sagrado quedouse con dez xogadores pola expulsión de Jony L., Pero o Sagrado sacou forzas de flaqueza e empatou na recta final co dous a dous que asinou Xoán.

 


 

A Ribela eclipsou un pouco o panorama dos de Adrián Suárez

 

XOVE LAGO 0 – RESIDENCIA 5

A Residencia recuperou en Xove as sensacións perdidas na Ribela, onde a pasada semana, no partido aprazado no seu día, deixáronse os tres puntos en xogo e toda a súa vantaxe respecto ao Ribadeo na loita polo segundo posto, unha vez que o primeiro parece potestade da Milagrosa.
Ante o Xove Lago, Antonio Gómez dirixiu aos da Cheda nun encontro en que fixeron o un a cero moi pronto, e antes do descanso ampliaron a conta ata o cero a dous. Na segunda parte continuou o monólogo do conxunto visitante, que levou o marcador ata o cero a cinco ao final dos oitenta minutos de xogo.

 


 

Ribadeo gaña, irá a Castro e xogarase todo ante á Residencia

 

RIBADEO 2 – POLVORÍN 1

O Ribadeo terá a última palabra para clasificarse para a Fase de Ascenso. Os de Suso Coto verán desde a distancia o que pasa na Cheda entre a Residencia e a Milagrosa, mentres que eles viaxan a Castro, onde si puntúan, dependerán deles mesmos na última xornada faga o que faga a Residencia ante a Milagrosa. En caso de perder e gañar a Residencia teríano complicado tralo 6-1 do encontro na Cheda.
Para chegar con estas opcións o Ribadeo tívose que impoñer ao Polvorín nun partido con moitas accións polémicas, pero con dous a un no marcador final.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu