A Residencia saca praza para a fase de ascenso infantil

En Infantil, Infantil Autonómica, Principal, Provincial

 

A Milagrosa teno na súa man

 

CD LUGO B 1 – MILAGROSA 4

A Milagrosa B volveu enlazar dúas vitorias despois dun mes de marzo irregular, Os da Frigsa manteñen os cinco puntos de colchón sobre o Ribadeo, terceiro clasificado, tras vencer ao Lugo B nun partido que chegou igualado ao descanso. Os albivermellos adiantáronse cun gol de cabeza de Buíde nun córner, e a Milagrosa fixo o empate antes do intermedio, nunha primeira metade con ocasións para máis nas dúas áreas.
Na segunda metade, os locais puideron poñerse por diante nun remate de Buíde ao pau, e noutro de Marco que foi fóra, desviado tamén pola madeira. Ayman aínda tería outra ocasión clara, nun man a man, pero ao Lugo faltoulle gol e foi a Milagrosa quen conseguiu desequilibrar o encontro co 1-2, que rompeu o encontro a falta de quince minutos para o final.
Con máis imprecisións no xogo por parte dos dous equipos, o encontro converteuse nun ida e volta no que a Milagrosa aproveitou as contras para avultar o marcador no Rodríguez Lago, anotando dous goles máis. O último nunha gran acción individual de Rafa, que colleu o balón no medio campo e finalizou ao fondo das mallas tras irse de varios rivais.
A vindeira xornada, antepenúltima do Provincial, os de Madriles reciben ao Villalbés na Frigsa; o Lugo B medirase ao Viveiro.

 


 

A Residencia estará na fase de ascenso e xa acaricia o Provincial infantil

 

RESIDENCIA 4 – PIRINGALLA 2

Décima vitoria da Residencia, que xa ten asegurada unha praza para xogar polo Ascenso á Liga Galega. Os branquiazuis puxeron o partido de cara con dous goles, de Iván e Dani Pérez, nos primeiros dez minutos. Unha renda que resultaría ser decisiva xa que, despois, os locais tiveron dificultades para impoñerse a unha Piringalla que non tirou a toalla e que se puxo 2-1, cun tiro lonxano de Cristóbal no inicio da segunda parte, e 3-2, con outro tanto do mediapunta con media hora por disputarse.
Os visitantes quixeron apurar as súas opcións, pero un gol de Nico Corredoira nun rexeitamento devolveu a tranquilidade aos da Cheda.

 


 

O Ribadeo puxo a pegada nun bo  partido do Viveiro no Pepe Barrera

 

RIBADEO 5 – VIVEIRO 2

 

A efectividade do Ribadeo impúxose nun partido máis igualado noutras facetas do xogo. O Viveiro asumiu o protagonismo co balón, pero con imprecisións que lle custaron caro.
Os de Jandri encaixaron o primeiro tanto antes do descanso, nun erro nun saque de banda que propiciou unha contra do Ribadeo. Pero foi na segunda metade cando os locais executaron mellor a súa proposta de xogo, chegando con máis facilidade á area rival. Así, aínda que o Viveiro estivo preto no marcador, 2-1 e 3-2 nos vinte minutos finais, o Ribadeo puxo terra polo medio con dous tantos máis.

 


 

O Villalbés sorprende ao Burela, que rompe a súa boa xeira de resultados

 

RC VILLALBÉS 1 – PORTO BURELA 0

O Villalbés freou a boa xeira do Burela, que chegaba á Magdalena tras sumar 13 dos últimos 15 puntos. Os locais, ben plantados no campo, non fixeron concesións en defensa e aproveitaron unha falta para poñerse por diante a cinco minutos para o descanso. O gol, nun lanzamento desde o medio campo que se coou na portería sen que ninguén a tocara, reflectía a falta de intensidade defensiva do Burela que na segunda parte quixo redimirse, pero non puido ante un Villalbés con baixas notables que administrou ben a súa renda.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu