A Mariña manda na Liga xuvenil norte. Con Ribadeo, Burela e Lourenzá no podio

En Grupo Norte, Xuvenil, Xuvenil Autonómica

Mario chegou a tempo para asinar o triunfo local

 

RESIDENCIA B 2 – FOZ 1

Segunda vitoria consecutiva da Residencia B, que se impuxo ao Foz grazas a un gol de Mario nunhaacción a balón parado a cinco minutos para o final do tempo regulamentario.
Co 2-1 os branquiazuis déronlle a volta a un partido que comezaran perdendo. O Foz, que na primeira metade lles cedeu o balón aos locais para aproveitar a súa fortaleza nas contras, adiantouse cun disparo inapelable de Martín dende a frontal da área pero, antes do descanso, unha recuperación de Tei acabou cun balón na área que Michel mandou á rede en segundo remate. Tras o intermedio os dous equipos, que fixeran concesións nas áreas, trataron de minimizar os erros defensivos e mantiveron o marcador igulado ata o minuto 85, cando chegou o gol de Mario, discutido polos visitantes, que reclamaron unha falta sobre un defensor.
A polémica marcou os últimos minutos do partido que o Foz rematou descontento coa actuación arbitral, e cun xogador menos.

 


 

O Ribadeo resolveu pola vía rápida

 

RIBADEO 9 – OUTEIRO 0

O Ribadeo non quixo deixar lugar para a sorpresa e saíu ao Pepe Barrera con moitísima intensidade, disposto a refrendar a súa condición de favorito para a vitoria ante o Outeiro. En apenas quince minutos os locais puxéronse 3-0, Cos tres primeiros goles de Adrián Barrera, que presaxiaban o amplo marcador final. O Ribadeo estaba sendo efectivo e tamén superior no resto dos aspectos do xogo, ao que lle deu algo de pausa no segundo tempo.

 


 

Triunfo con suspense do Lourenzá, que setenciou a cinco minutos do final

 

FERROVIARIA 1 – LOURENZÁ 3

O Lourenzá volveu á senda da vitoria na Frigsa. Un triunfo traballado que non se confirmou ata o minuto 80, cando Jose fixo o 1-3.
O equipo de Diego Rego púxose con dous goles de vantaxe á media hora de encontro, pero a Ferroviaria, moi competitiva malia ter que botar man de cadetes para completar a convocatoria, mantivo as súas opcións no encontro ata o final. Á beira do descanso Jorge recortou distancias nun lanzamento de falta. Tras o paso polos vestiarios os locais tiveron o empate nun centro lateral que rematou Jairo Dorado, estrelando o balón contra a madeira.
No entanto, co paso dos minutos, o Lourenzá foi monopolizando as ocasións, e tras varios achegamentos sen acerto Jose anotou o gol do triunfo, o terceiro para os laurentinos, que a semana pasada empataron co Burela. A vindeira xornada reciben ao Cospeito, mentres que a Ferroviaria visita A Marosa.

 


 

Cristian revoluciona o partido na Mina

 

PONTENOVA 4 – POLVORÍN B 3

O banquiño foi determinante no desenlace do partido na Mina, onde a Pontenova puido celebrar a súa primeira vitoria. Con cinco xogadores frescos nunha tarde moi calurosa, un deles, Cristian, especialmente inspirado, a Pontenova gañou un encontro no que foi a remolque no marcador.  Os locais culminaron a remontada no tempo de desconto. Tras un gol anulado ao Polvorín por fóra de xogo os de Andrés Bouza sorprenderon cun saque rápido que rematou Cristian co definitivo 4-3.

 


 

As gradas elevaron a tensión no derbi

 

VIVEIRO B 1 – XOVE LAGO 1

Reparto de puntos no derbi entre Viveiro e Xove Lago. Os visitantes adiantáronse cun gol nunha falta na que o rexeitamento da barreira lle devolveu a pelota a Miguel, que non fallou no segundo remate.  Ao Viveiro, local e favorito ao priori ao triunfo, puidolle a precipitación á hora de buscar o tanto do empate, que chegou nun remate de Manu Río nun córner, despois doutras ocasións falladas.

 


 

O Castro luciuse ante o Cospeito 

 

COSPEITO 0 – CASTRO 5

Vitoria do Castro, que no seu mellor día atopou enfronte a un Cospeito falto de intensidade e de ideas. Torito foi o primeiro en atopar o camiño do gol despois de varias ocasións claras dos visitantes que deron un recital na primeira parte. Na segunda    o Cospeito deu indicios de melloría, pero o cuarto e o quinto gol pecharon definitivamente o encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu