A maior contundencia do Porriño decide na Fonte

En Liga Nacional, Xuvenil, Xuvenil superiores

BRUNO RODRÍGUEZ – CD Lugo B

“Penalizáronnos os nosos propios erros defensivos”

CD LUGO B 1  – PORRIÑO 3

O parón chégalle ao Lugo B como auga de maio tras encadear tres derrotas consecutivas na Liga Nacional xuvenil.
A dinámica do equipo non está sendo acorde aos resultados, pero unhas pequenas vacacións continuadas por adestramentos sen competir poden ser a mellor medicina para recuperar o pulso á competición en formar de puntos.
Ante o Porriño o encontro púxose de cara co un a cero no primeiro minuto, un gol que subiu ao marcador Vila. Os visitantes non acusaron en exceso o golpe, e pouco despois obrigaron a Brais a realizar unha gran intervención para manter a vantaxe.
Co paso do partido o Lugo B empezou a desconectarse do mesmo, perdendo o ritmo ao cometer moitas imprecisións, iso aproveitouno o Porriño para devolver as táboas ao marcador aos vinte minutos.
O gol encaixado volveu espertar aos de Bruno Rodríguez. Óscar, Reigosa e un incisivo Álex por banda esquerda tiveron o dous a un, pero cando máis preto parecía, o Porriño deu unha estocada ao encontro co un a dous antes do descanso cun certeiro remate tras un rexeite logo dun saque de esquina.
Xa na segunda parte o Porriño cedeulle a iniciativa a un Lugo B que saltou ao campo coas ideas máis claras á vez que Alexandre seguía gañando a liña de fondo con claridade. Os lucenses preparaban o terreo para o empate, pero o Porriño volveu derrubar a porta sen chamar nunha acción illada, pero ben xerada polo seu dianteiro centro, para levar o marcador ata o un a tres.
Con media hora por diante o Lugo B non perdeu a compostura e propuxo fútbol, para como mínimo, meterse de novo no partido, pero aos de Bruno Rodríguez faltoulles mordente nos metros finais.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu