A loita por entrar no Provincial gaña protagonismo

En Prebenxamíns, Principal

PREBENXAMIN
No Grupo A quedan por disputar dúas xornadas. Na próxima, se o Ribadeo puntúa, será campión de Grupo e terá unha praza asegurada no Provincial, mentras que o Rácing Villalbés pode asegurar tamén a súa presencia se gaña ao Xove e non o fai o Porto de Burela ante o Ribadeo.
No Grupo B, tamén a falta de dúas xornadas, Río Ouro, puntuando na próxima xornada ante Stg. de Foz, será campión mentras que a SD Viveiro é a alternativa para asaltar o segundo posto.
No Grupo C quedan tres xornadas e a Gimnástica Lucense buscará o título de Grupo cunha vitoria na próxima xornada ante á Piringalla D. mentras que a Ferroviaria tamén ten pe e medio no Provincial.
Tres xornadas tamén por disputar quedan no Grupo D, no que esta tarde xogan a partir das 16;45 horas Maristas e Ceosport. Tamén para esta tarde está fixado o Piringalla ante o Polvorín no Grupo E un duelo que medirá nas Gándaras a primeiro contra terceiro. De gañar, a Piringalla será virtual campión e aspirante ao título Provincial prebenxamín

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu