A Liga Galega seguirá facendo escala en Frigsa

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal

A Milagrosa acadou o ansiado punto e mantén a categoría tras empatar co Estrada no último encontro de Liga

 

MILAGROSA 3 – ESTRADA 3

A Milagrosa seguirá sendo equipo da Liga Galega cadete a próxima tempada. Os de Madriles conseguiron o ansiado premio da permanencia tras un final de tempada marcado pola encarnizada loita co Victoria B.O pasado sábado chegou á hora da verdade, na que a Milagrosa xogaba nesta ocasión sen rede nin paracaidas. Un punto, como mínimo, valía unha permanencia mentres que unha derrota sería sinónimo de descenso.
O partido púxose de cara moi pronto. Cabarcos asinou un golazo cando aínda non se disputara nin un minuto de partido, pero nada máis sacar de centro o Estrada, que non se xogaba absolutamente nada, demostrou que non viña a Frigsa de paseo.
As forzas fóronse igualando ata que na última xogada da primeira parte, tras unha falta no medio campo, o Estrada púxose por diante co un a dous co que se chegou ao descanso.
Os nervios apoderáronse dunha Milagrosa que se viu contra as cordas e ao bordo do KO co un a tres ao comezo da segunda parte. Con pouco máis de media hora por diante a Mila necesitaba dous goles para non perder a categoría. Os de Madriles, con máis corazón que cabeza, recuperaron o pulso co tres a dous que subiu ao marcador Yago.
En Frigsa xa se coñecía que o Victoria B gañara na Coruña, polo que só valía puntuar e o premio chegou na recta final ao enviar Mario o rexeite dun córner, que el mesmo sacara, ao fondo das mallas ante o delirio total en Frigsa. Nos minutos finais, que foron eternos e demasiado longos ata que o árbitro decidiu poñer fin á agonía, a Milagrosa puido, por fin, respirar tranquila sendo de Liga Galega cadete.

 

“Gracias a los jugadores y a Rego en especial además de a todos los que de alguna manera nos ayudaron a conseguir el objetivo” madriles SCD Milagrosa

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu