A Liga Galega cadete seguirá facendo escala en Vilalba

En Cadete, Cadete Superiores, Liga Galega Norte, Principal

CHOLAS – RC Villalbés 

“Gran primera parte. En la segunda nos tocó sufrir ante un gran rival”

RC VILLALBÉS 1 – X. OROSO 1

O Rácing Villalbés, a falta de dúas xornadas para o final da competición, selou a permanencia de forma matemática tras empatar ante todo un Xuventude Oroso no Roca, nun partido no que os de Cholas deron unha gran imaxe ante un rival que se despediu do ascenso no Roca, malia ser conscientes de que coa derrota do Conxo en Abegondo xa tiñan a permanencia no peto.
O Rácing foi fiel ao seu estilo, co que ofrecen a súa mellor versión, solidarios en defensa e coas ideas claras para saír á contra, tendo presenza na área rival con chegadas de Álex e Iago desde os primeiros minutos.
O Oroso desquiciouse un pouco ante a solvencia do Rácing, pero dispuxeron dun penalti a favor que lanzaron fóra ao cuarto de hora.
Esta acción aínda imprimiu máis nervios a un Oroso que, coa derrota do Montañeros, quedaríase a catro puntos do ascenso con seis aínda en xogo.
O Vilallbés soubo xogar con esa ansiedade rival, e Álex confirmouna cun golazo de falta directa ao bordo da media hora, co que poñía ao Rácing por diante no marcador.
Tralo descanso chegou a esperada reacción visitante ante a que os de Cholas tiveron que apertar os dentes e defenderse como puideran. Tras resistir o asedio inicial con varias ocasións claras do Oroso, Iago puido sentenciar o partido á contra, pero na recta final o Oroso empatou e os dez últimos minutos foron un asedio rival ante o que o Rácing mantívose en pé co premio da permanencia no peto.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu