A insistencia do CD Lugo non tivo recompensa na Reigosa

En División de Honra, Xuvenil, Xuvenil superiores

ÁLEX ANTÓN – CD Lugo

“Faltounos xerar máis ocasións de gol para poder sumar algún punto ante un bo rival”

CD LUGO 0 – REAL OVIEDO 1

O Real Oviedo levouse os tres puntos da Reigosa ante un Lugo que non escatimou esforzos e buscou o premio ata o asubío final sen chegar a ter recompensa.
O partido disputouse de poder a poder e decidiuse por unha acción puntual no ecuador da primeira parte, na que o Oviedo adiantouse no marcador tras bater a Julen no man a man. Ata ese momento e a partir de aí, o intercambio de golpes foi unha constante. Cada equipos coas súas armas, o Oviedo máis replegado a partir do cero a un e o Lugo dominando varios rexistros do xogo, xa que intentaban saír co balón xogado cando podían, e cando era efectiva a presión dos asturianos saían con fútbol directo buscando a Jesús na punta de ataque.
Na primeira parte Nathan, cunha espectacular xogada na que se foi de dous rivais e enviou o balón lixeiramente alto cun remate de vaselina, rozou o empate a un á media hora de xogo na ocasión máis clara do Lugo nos primeiros corenta e cinco minutos.
Xa na segunda parte o Oviedo fíxose forte en defensa e esperou a súa ocasión á contra. Os asturianos defenderon moi preto da portería, polo que o Lugo xogou en campo rival pero sen poder ter profundidade nos metros finais.
Adri, cun disparo de falta directa, e Martín cunha incorporación desde o carril esquerdo, tiveron as ocasións máis claras para un empate que se resistiu.
Álex Antón moveu ficha mediada a segunda parte, metendo todo o arsenal ofensivo co que contaba, pero o Lugo volveu chocar co muro defensivo do Oviedo.
Xa no último cuarto de hora,, con defensa de tres, o Lugo envorcouse o busca do empate pero o Oviedo resistiu arrefriando o encontro ao tirar de moito oficio para levarse os tres puntos ante unha boa versión dos albivermellos.
Na próxima xornada os lucenses volverá ser xuíces da Liga ao medirse co líder da clasificación, o Deportivo, en Abegondo. Os herculinos están no máis alto e tan só perderon dous encontros esta tempada, un deles ante o Lugo na primeira volta tras ceder por un gol a cero na Reigosa.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu