A inercia positiva ten premio

En Cadete, Liga Galega Norte

3 de 3 para o Villalbés pese non estar ao seu mellor nivelNove puntos de nove posibles son os que suma o Rácing Villalbés na Liga Galega cadete neste esperanzador inicio de tempada no que, como se viu en Lalín, os de Simón Lamas tamén gañan sen a súa mellor versión.
Nesta ocasión, a inercia positiva deulles os tres puntos ante un rival angustiado polos primeiros resultados. Con todo o camiño non foi o correcto.
O exceso de relaxación palpouse desde o inicio, cando o Lalín inaugurou o marcador aos catro minutos cun balón longo sen aparente perigo que se comeu o Villalbés.
Os locais repregáronse e o Rácing armouse aos poucos. Faltou fluidez no medio campo pero con balóns longos Gabi dispuxo de ata tres ocasiones claras antes de chegar ao descanso co un a cero no marcador.
Ao comezo da segunda parte o Lalín estrelou un balón na madeira que puido ser determinante. O Rácing saíu con vida e pouco despois Iago Goás empatou cun centro chut. A partir de aí o Villalbés convenceuse de ir a por os tres puntos pero o gol da vitoria fíxose de rogar ata que Gabriel apareceu no segundo pau para rematar un centro de Iago Goás no último minuto co que o Rácing levou todo o botín do Manuel Anxo Cortizo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu