A gripe minimizou a un Calasancio que volveu a competir con creces

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Sur

CARLOS FONTAL – CP Calasancio

‘Vamos madurando defensivamente y generamos ocasiones en el apartado ofensivo, trabajaremos para mejorarlo. A pesar de ello, estoy muy contento con el trabajo de mi equipo”

ALERTANAVIA 1 – CALASANCIO 0

Unha reducida versión do Calasancio polas ausencias provocadas pola gripe deu a cara e mereceu, como mínimo, puntuar ante o Alertanavia nun partido no que tan só faltou a guinda do gol, especialmente na segunda parte.
Ata entón os locais foran mellores na posta en escena, e froito diso inauguraron o marcador ao cuarto de hora cun remate de cabeza tras un balón bombeado á área monfortina.
A partir de aí o Calasancio reaccionou ata igualar as forzas e empezou a asomarse na parcela ofensiva.
Adrián tivo un man a man co porteiro local tras un bo balón ao espazo de Xoel Irimia nunha primeira parte que terminou cun lanzamento de falta afastada do propio Adrián, que despexou de novo con acerto o gardameta do Alertanavia.
Tralo paso polos vestiarios, como está sucedendo nesta segunda fase, o Calasancio ofreceu a súa mellor versión. A base de empuxe meteron ao Alertanavia no seu campo á vez que se mostraron sólidos e contundentes en defensa.
Co encontro completamente controlado, as ocasións empezaron a chegar, sendo as máis claras un man a man de Nodar no que o balón non quixo entrar tras unha boa vaselina, outro remate de Nodar, nesta ocasión logo dun bo centro de Adrián, e unha falta lanzada por Róber á que Adrián non chegou por moi pouco.
Ao final, o Alertanavia aguantou o asedio dun Calasancio que, como mínimo, mereceu puntuar nun novo encontro no que foron de menos a máis, pero nesta ocasión resistíuselles o premio do gol para poder puntuar.
Na próxima xornada os de Carlos Fontal reciben nos Escolapios ao Villa de Marín, colista neste grupo sur pola permanencia, con tres derrotas nas tres xornadas disputadas.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu