A fortuna non estivo de cara

En Alevíns, Primeira División Alevín

CD Lugo e Residencia alevín remataron cuarto e quinto respectivamente nas súas sedes, nas que caeron eliminados ante os equipos que á postre serían os campións 

 

CD Lugo e Residencia representaron ao fútbol alevín lucense na primeira fase do Campionato Galego. O Lugo, actual campión Provincial, cumpliu en Caranza nunha sé na que a presenza do Deportivo complicaba xa de saída o soño de clasificarse para a fase final, e os pronósticos cumpríronse ao quedar apeados da competición os lucenses a mans dos herculinos nas semifinais. Pola súa banda a Residencia competiu en Outes, quedándose fóra das semifinais por un só gol tras perder pola mínima ante o Xuventude Oroso.
O Lugo debutou con derrota, perdendo por dous goles a tres co Ural no primeiro encontro. No segundo chegou a primeira vitoria, por un gol a tres ante o Boiro, e despediu a fase de grupos selando a clasificación para as eliminatorias impoñéndose ao Victoria por tres goles a dous.
O Deportivo cruzouse no camiño nas semifinais, nun partido no que pese a competir ben, o Lugo quedou apeado da competición tras perder por catro goles a un ante o conxunto que ao final sería o campión desta fase e o que sacou o billete para disputar a fase final do Campionato Galego alevín.
Menos sorte tivo a Residencia, un dos equipos co cartel de posible revelación na sede que se disputou en Outes. O debut encheu de nervios aos da Cheda tras perder por un gol a tres ante o Victoria, deixando xa sen marxe de erro ao equipo nos dous seguintes encontros. No segundo a Residencia impúxose ao Conxo Santiago por un gol a cero, polo que o pase ás semifinais estaba en xogo ante o Xuventude Oroso, contra o que caeron por un axustado cero a un quedando xa eliminados e despedindo a súa participación cunha vitoria ante o Outes, 3-1 para finalizar nun quinto posto que sabe a pouco.

 

“Cando chega o final do torneo e ves que quedas sen forzas é para estar orgullosos. Noraboa a todos polo esforzo realizado” YONI CD Lugo

 

“Orgullosos destes rapaces, que loitaron contra algún dos mellores equipos de Galicia. Este grupo de xogadores vai dar moitas alegrías nos próximos anos” KÁISER Residencia

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu