A fortuna deulle as costas a un bo Polvorín

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte, Principal

CABALLERO – EF Polvorín

“Cuando lo intentas todo y no consigues ganar, tan solo queda seguir trabajando para que la suerte cambie un poco”

EF POLVORÍN 1 – OZA JUVENIL 2

O Oza Xuvenil levouse os tres puntos de Montirón ante unha moi boa versión do Polvorín, que fixo méritos suficientes, malia todos os condicionantes que tivo en contra, para como mínimo quedarse con parte do botín en xogo.
Caballero non puido contar con Samuel nin con David, mentres que Juanma só puido xogar na segunda parte e Diego Vázquez tivo que retirarse lesionado do terreo de xogo cando tan só se disputaran quince minutos.
Con todo isto o máis sinxelo sería borrarse da cita, pero o Polvorín saltou ao campo coas ideas moi claras e con fame de vitoria.
Javi, Ignacio e Vila asediaron a portería visitante, pero sen o premio do gol. Algo que si tivo un Oza ordenado e con pegada, xa que na primeira ocasión que xeraron, na última xogada da primeira parte, inauguraron o marcador co cero a un co que se chegou ao descanso.
Nos vestiarios Caballero mentalizou ao seu equipo de novo e variou o sistema de xogo con tres defensas e tres dianteiros para ter aínda máis presenza ofensiva. Con todo, o Oza volveu ser contundente ao asinar o cero a dous nunha acción illada.
Con media hora por diante o Polvorín non se rendeu, recortou distancias ao rematar Fer un saque de esquina lanzado por Ignacio, e buscou o empate ata o asubío final, pero a fortuna volveulle dar as costas a unha gran versión do Polvorín.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu