A Ferroviaria álzase na Cheda co título de Copa alevín

En Alevíns, Segunda División Alevín

 

FERROVIARIA 1 – CD LUGO B 1

A Ferroviaria proclamouse campioa da Copa Deputación 2019 na categoría alevín tras unha agónica quenda da penaltis que estirou a final disputada entre os da Frigsa e mais o Lugo B na Cheda.
Os corenta minutos de partido resolvéronse cun empate a un. Tras media hora de igualdade, nos últimos dez minutos o partido abriuse cun gol de Adrián, que adiantou aos albivermellos.
Con pouco que perder, o equipo de Javi Baamonde foi a polo empate, A Ferroviaria parecía ter o dominio do balón, pero cando recuperaban a posesión os albivermellos, moi clarivindentes á hora de executar as acción á contra, conseguían dar maís sensación de perigo. Así, tiveron varias ocasións para poñer terra polo medio e sentenciar a final. Sen embargo, tras marcar catorce goles na previa, na que disputaron tres encontros, non puideron ampliar o marcador. Unhas veces Antonio e outras veces a defensa conseguiron frustrar as ocasións máis claras.
Cando o tempo se esgotaba para a Ferroviaria e parecía que a final se podía decantar do lado dos albivermellos, no último minuto, Martín marcou o tanto do empate.
Na que podía ser a derradeira bala para o seu equipo, o centrocampista vestiuse o traxe de líder, internouse na área driblando a dous rivais e rematou cun tiro cruzado que poñía o 1-1 no marcador sobre a bucina.
Na quenda de penaltis, o acerto foi máximo por parte dos lanzadores dos dous equipos, que engadiron máis suspense ao desenlace do torneo do K.O. realizando cada conxunto seis lanzamentos dende o punto fatídico.
Os de Javi Baamonde, que empezaron tirando, foron capaces de manter a cabeza máis fría e levaron a vitoria grazas a unha parada de Anxo, que acabou erixíndose no héroe da final.

O Viveiro A e a Residencia B, clasificados como segundos de grupo, xogaron a final polo terceiro posto na que se impuxeron os celestes. Nun encontro moi igualado, o equipo dirixido nesta ocasión por Antonio Serrano tiveron máis acerto cara a portería rival.

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu