A falta de gol non eclipsa o traballo do Polvorín

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

CABALLERO – EF Polvorín

“Esta actitud es la que debemos mantener hasta que finalicemos la temporada”

AMIO 2 – EF POLVORÍN 1

Bo partido en liñas xerais do Polvorín, liberado xa da presión por puntuar. Os de Caballero mereceron moito máis ante o Amio, nun encontro no que a falta de acerto nos metros finais evitou que o marcador final reflectise o sucedido no terreo de xogo.
O Polvorín creceu desde a defensa, con moitísima orde e enchendo o depósito da confianza atrás para ir asomándose en ataque. Froito diso, no ecuador da primeira parte chegou o cero a un. Un gol que subiu ao marcador Fer tras un centro de Samuel.
Con cero a un o Polvorín disputou os seus mellores momentos, pero na última xogada da primeira parte o Amio castigou aos de Caballero co un a un tras unha polémica cesión que sinalou o árbitro.
Na segunda parte o partido non tivo dono, ambos equipos buscaron a vitoria e o Amio atopouse co segundo gol. Tamén con moita polémica, tras reclamar fóra de xogo os amarelos.
Con pouco menos de media hora por diante, Caballero variou o debuxo táctico e cun 4-4-2 o Polvorín foise con descaro a polo empate.
Os de lucenses reclamaron un penalti, xeraron e dispuxeron de ocasións, pero o Amio resistiu, incluso despexando balóns sobre a liña de gol para manter a vantaxe no marcador final que non reflicte o sucedido no terreo de xogo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu