A efectividade rival deixa ao Viveiro sen premio

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

ANTONIO SERRANO – Viveiro CF

“Esto es muy largo. Hay que seguir trabajando”

ORILLAMAR 2 – VIVEIRO CF 1

O Viveiro deixouse todo o botín en xogo en Elviña ante o Orillamar nun duelo de alturas entre dous aspirantes ao ascenso no que os de Antonio Serrano estiveron á altura pero cederon ante un rival que viu porta nas súas dúas primeiras ocasións, practicamente as únicas que tivo ao longo do encontro.
Dende os primeiros minutos o Viveiro asumiu o peso do partido ante un Orillamar replegado e que buscaba as contras para crear perigo.
O plan dos herculinos saíu a pedir de boca, xa que ao cuarto de hora, na súa primeira ocasión, fixeron o un a cero e á media hora, na súa segunda chegada con perigo, o dous a cero.
A partir de aí, lonxe de virse abaixo, o Viveiro sacou o seu carácter e recortou distancias cun golazo de Uriol, que saíu co balón controlado dende atrás e finalizou a xogada tras unha parede con Jairo.
O debutante Kaká rozou o empate antes do descanso, pero sería na segunda parte na que o Viveiro asediou con máis insistencia e claridade a portería rival.
Pese a perder un pouco o control no medio campo, o Viveiro xerou moitas ocasións, sendo as máis claras un remate de Jhoseba, outro de Kaká e ata na última xogada, na que Pablo Louzao rematou lixeiramente alto unha falta sacada por Xavi, o Viveiro buscou o gol dun empate que mereceu con creces.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu