A dinámica positiva guiou á Residencia no derbi capitalino

En Infantil, Liga Galega, Principal grande

Segunda vitoria consecutiva para os de Kaiser, que se adiantaron cun gol de Manu na primeira metade. Na segunda á Milagrosa anulóuselle un gol por fóra de xogo, e na acción seguinte Alonso sentenciou o encontro co 0-2 nun partido no que os da Cheda foron máis contundentes

A inercia positiva e a maior contundencia da Residencia en ambas áreas desnivelaron o derbi capitalino da Liga Galega infantil disputado no Luís López Gorgoso de Frigsa.
Os de Kaiser chegaban á cita co depósito da moral ao completo tras sumar os tres puntos a pasada xornada na Cheda, liberando moita ansiedade respecto da Milagrosa, que recibiu aos da Cheda no derbi co contador a cero.
Unha vez comezou a rodar o balón a Residencia sentiuse máis cómoda, xa que as dimensións do terreo de xogo de Frigsa adáptanse mellor que as da Cheda para eles. Dentro da igualdade que reinou na primeira parte as contundencia en ambas áreas foi clave e niso a Residencia foi mellor.
Lois detivo un disparo de Gonzalo tras centro de Raúl na ocasión máis clara da Milagrosa para facer o un a cero. Con todo, á media hora de partido Manu desviou lixeiramente unha falta lateral lanzada por Alonso enviando o balón ao fondo das mallas. Xa na segunda parte a Milagrosa empezou mellor e viu como se lle anulaba un gol por fóra de xogo nunha acción a balón parado moi protestada polos locais, mentres que na acción seguinte Alonso rematou un pase da morte nunha das moitas internadas de Hugo pola banda dereita. Co cero a dous o partido terminouse, aínda que a Milagrosa nunca cesou de buscar o gol, pero foi a Residencia quen tivo as ocasións máis claras para, poder terminar cun marcador incluso máis amplo.

“Parece que la fortuna abandona la Frigsa, pero esto es cuestión de rachas, de nosotros solo depende el trabajo que hagamos” MADRILES SCD Milagrosa

“Bo partido que segue a reforzar o gran traballo semanal que fan estes rapaces” KAISER SDC Residencia

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu