Á cuarta foi a vencida da Sarriana

En Cadete, Cadete Autonómica, Copa Provincial

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final da Copa Deputación

 

SD SARRIANA 1 – BURELA SD 1

A Sarriana levouse a Copa Deputación cadete tras a sorte dos penaltis logo de 80 minutos de máxima igualdade en Vilalba.

A xeración adestrada por Edgar levaba catro anos chegando á final se lograr o premio, e á cuarta chegou a vencida para este grupo de xogadores que pon o broche de outro a unha temporada na que tamén se clasificaron para o Campionato Provincial
O Burela, pola súa banda, pecha tamén un gran ano no que atoparon na Copa a maneira de resarcirse dunha segunda fase na que os resultados non acompañaron, conseguindo chegar á final tras superar eliminatorias complicadas.
O encontro púxose pronto de cara para o conxunto mariñao, que nos primeiros minutos se adiantaba grazas a un gol de Antonio de cabeza tras un córner. A partir de aí a Sarriana levou o peso do partido e o Burela limitouse a agardar a súa oportunidade á contra, pero ningún dos equipos foi quen de xerar ocasións claras e chegouse ao descanso co 0-1 a favor dos de Ramiro Chaves.
Tralo intermedio a Sarriana deu un paso adiante e, pese á expulsión de Ayán, conseguiron forzar un penalti que Richi transformaba a escasos 10 minutos para o asubío final. Ambos equipos arriscaron buscando o gol que desfixera a igualdade, e Dani Jiménez tivo a máis clara para o Burela cun disparo ao pau, pero o encontro chegou á quenda de penaltis na que a sorte sorriu á Sarriana, tras transformar todos os seus lanzamentos.

 

“Triunfo merecido. Esta xeración levaba 4 anos buscando a Copa e por fin a conseguiron. Noraboa a todos!” EDGAR SD Sarriana

“Independentemente do resultado estou orgulloso deste grupo. O traballo, a actitude e o compromiso na competición foron impecables. Noraboa á Sarriana” RAMIRO CHAVES SD Burela

 

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Boiro, última pedra no camiño do Viveiro

Os de Antonio Serrano serán novo equipo da Liga Galega infantil se superan a última eliminatoria da fase de

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu