A contundencia nas áreas foi determinante

En Infantil, Liga Galega Infantil, Liga Galega Norte

BRAIS PRADOS – CD Lugo

“Estamos avanzando mucho en el nivel de esfuerzo y trabajo del equipo, tenemos que seguir trabajando así”

CD LUGO 0 – PORTERO 2000 2

O sistema de xogo 3-1-4-2 implantado pola maioría dos equipos de base do CD Lugo nesta xornada foi a principal novidade no infantil de Liga Galega, nun partido ante o Portero 2000 no que os de Brais Prados foron de menos a máis.
Na primeira parte aos lucenses custoulles un pouco asimilar os conceptos e apenas tiveron presenza en ataque, tan só un remate de Marco no que un defensa sacou o balón sobre a liña de gol tras unha boa vaselina do dianteiro de primeiro ano, que ocupou un posto na punta de ataque.
No ecuador do primeiro tempo chegou o cero a un tras un centro lateral nuns corenta minutos nos que os visitantes mostráronse máis compactos.
Tralo descanso ao Lugo víuselle máis asentado e sobre todo con máis presenza en ataque. Álex acariñou o empate cun lanzamento de falta directa, e Hugo estivo a piques de rematar un bo centro de Freire desde a banda.
O empate parecía cuestión de tempo nas Gándaras, pero o Portero 2000 asestou un golpe definitivo ao encontro ao aproveitar unha contra tras perda de balón do Lugo para levar a vantaxe ata o cero a dous.
A partir de aí os visitantes fixéronse fortes en defensa e o Lugo, pese a levar o peso do xogo, non atopou o camiño para romper a poboada defensa visitante.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu