A contundencia nas áreas castiga ao Calasancio

En Liga Galega, Xuvenil, Xuvenil superiores

DENIS LÓPEZ – Calasancio

“Polos méritos que fixemos non merecimos un resultado tan avultado. A falta de gol foi clave para que se dera este marcador”

COMESAÑA 3 – CALASANCIO 0

O Calasancio competiu moi ben no campo do líder da Liga Galega xuvenil, un Comesaña que estivo máis contundente en ambas áreas, especialmente nos momentos clave do encontro.
De inicio a igualdade foi máxima, cun Calasancio ben plantado no terreo de xogo e sen renunciar ao ataque en ningún momento. Pola súa banda o Comesaña tivo o balón, pero malia que daba sensación de perigo pola súa calidade individual, non xeraba ocasións claras ante Adri.
Si o fixo o Calasancio. Primeiro cunha volea de Juan que se foi fóra tras un centro de Buti . Pouco despois cun centro chut de Álex Blanco, o mellor xogador do encontro tanto cando actuou no medio campo como no centro da defensa, e a máis clara, aínda con cero a cero no marcador, tívoa Nico cun remate escorado que non atopou portería.
O Calasancio estaba cómodo e merecía o gol, pero unha vez máis os minutos finais foron un castigo. Nesta ocasión ao encaixar o un a cero no último minuto da primeira parte tras unha boa xogada do Comesaña.
Tralo descanso o Calasancio tivo máis balón ante un líder que se replegou, pero que apelou á pegada para facer o dous a cero tras unha falta lateral coa que complicaba moito o partido. Pese a iso, Nico e Sergi volveron acariñar un gol que se resistiu pese a ter ocasións claras, e o Comesaña sentenciou o partido co avultado tres a cero cando máis preto parecía o dous a un.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu