A contundencia local espertou á Milagrosa do soño en Ferrol

En Infantil, Liga Galega

De menos a máis foron os da Frigsa nun duelo marcado polo terreo de xogo

A Milagrosa tardou corenta minutos en asentarse no campo de herba natural da Gándara, onde se mediu co Rácing de Ferrol.
Os de Madriles estiveron fóra do partido ao longo dunha primeira parte na que, con todo, saíron con vida, xa que o marcador ao descanso reflectía un axustado un a cero.
Na tregua do intermedio, nos vestiarios, a Milagrosa aclarou as ideas e colleu aire. Saltou ao campo con outra intensidade e tiveron máis presenza con balón. Froito diso chegou a recompensa co empate a un, que asinou Ahíto ao culminar unha contra cun bonito gol de volea.
A Milagrosa soñou con gañar o seu primeiro encontro, pero os de Madriles espertaron pronto do soño xa que tan só dous minutos despois o Rácing de Ferrol volveu tomar o mando no marcador cun lanzamento de falta directa. Unha falta dubidosa e protestada polos lucenses.
Raúl cun man a man e Hugo, que estivo a piques de plantarse só ante o porteiro local, tiveron as ocasións máis claras para empatar, antes de que chegase a sentenza local con dous goles nos últimos seis minutos de xogo.

También puedes leer!

O Burela está a oitenta minutos do ascenso

  BURELA 3 – NARÓN 2 O Burela esta a un partido, a oitenta minutos de facer historia ao

Leer más...

Tan só os penaltis afastaron ao Xove Lago do soño da fase final

Os de Kiko Rey caeron en semifinais ante o Calvo Sanz, campión zonal na fase disputada en Narón, e

Leer más...

A fortuna non estivo de cara

CD Lugo e Residencia alevín remataron cuarto e quinto respectivamente nas súas sedes, nas que caeron eliminados ante os

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu