A bala foi para a Milagrosa na ruleta rusa de Frigsa

En Fase de Ascenso, Principal, Xuvenil

Os lucenses, fóra da competición polo valor dobre dos goles en campo rival

 

MILAGROSA 6- NARÓN 4

Punto e final anticipado para a Milagrosa, un equipo que se gañou a pulso soñar co ascenso desde o inicio de tempada cunha liña regular tanto na primeira fase como na segunda, pero que espertou do soño cun pesadelo en Frigsa no medio dun ambiente de gala.O 3-1 a un do partido de ida era remontable e de feito a Milagrosa estivo a maioría dos minutos do partido de volta por diante na eliminatoria, ata que o encontro converteuse nunha ruleta rusa na que a bala saíu disparada para a da Milagrosa.
Na primeira parte a Mila tivo o partido controlado e atopou vías para crear perigo en ataque, mentres que en defensa mostrou unha solidez que esfumouse tralo paso polos vestiarios ao descanso.
Ao filo do cuarto de hora inicial Pedro inaugurou o marcador e acto seguido Nano rouboulle a carteira ao porteiro e un defensa do Narón para facer o dous a cero. Á media hora chegou a quenda de Anxo, cun desmarque e disparo cruzado co que poñía por primeira vez no partido de volta á Milagrosa por diante na eliminatoria.
O Narón recortou distancias nunha acción illada, pero de novo Anxo levou o marcador ata o 4-1 co que se chegou ao descanso.
Na segunda parte o Narón fixo moi pronto o 4-2 e aí empezaron as dúbidas. A Milagrosa conseguiu responder a cada gol visitante por medio de Neira, autor de dous goles, pero no tempo de desconto un balón colgado á área da Milagrosa terminou cunha serie de rexeites e co esférico no fondo das mallas deixando xeado Frigsa e eliminada á Milagrosa da fase de ascenso.

 

“Gracias a toda la plantilla por el trabajo de toda la temporada y por hacerme sentir de nuevo lo que es el fútbol” MANOLO COUSO Milagrosa

 

También puedes leer!

Punto e final á travesía do Polvorín

o Conxo Santiago eliminou aos de Caballero tras un encontro no que os lucenses soñaron co pase tralo 1-0

Leer más...

O Álex Blanco volverá ser decisivo

Oitenta minutos separan ao Calasancio do ascenso á Liga Galega. Un partido que se disputará en Monforte e no

Leer más...

Á cuarta foi a vencida da Sarriana

A xeración adestrada por Edgar impúxose a Burela na quenda de penaltis tras catro temporadas consecutivas chegando á final

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu