A aposta do Rácing Villalbés sae fortalecida esta xornada

En Liga Nacional, Xuvenil

Terceira vitoria consecutiva  para os de Cholas, que fixo debutar a dous xogadores en Nacional e viu como Noel o facía en Terceira División

Terceira vitoria consecutiva para o Rácing Villalbés na Liga Nacional tras impoñer o seu selo de identidade ante o Val Miñor B no Roca, onde os de Cholas fraguaron a vitoria ao executar á perfección o plan previsto.
Os chairegos cederon a posesión de balón e apertaron onde e cando debían para xerar perigo. Aos dez minutos Rares estrelou unha vaselina no poste ante un Val Miñor B incapaz de combinar. Outra das bazas locais eran as accións a balón parado, e á media hora explotárona. David prolongou unha falta lateral que rebotou na man dun defensa e Samuel asumiu a responsabilidade para asinar o un a cero.
Co marcador de cara a formulación local viuse reforzada, aínda que o Val Miñor empatase nunha rápida transición na que pillaron desordenada por primeira vez á defensa racinguista.
O un a non variou o guión e o Rácing, con fútbol directo sobre David e Samuel, atopou a recompensa cun golazo de Samuel, o segundo, nesta ocasión cun xiro perfecto na área. A partir de aí tocou ser sólidos e xenerosos no esforzo, niso o Rácing non falla e alzouse cos tres puntos.

También puedes leer!

O Calasancio disparouse a súa última bala no pé

A derrota ante o Alondras deixa aos de Manu Rodríguez ao borde do descenso

Leer más...

Burela, Viveiro e Villalbés a un paso da loita polo ascenso infantil

O Rácing Villabés segue dependendo de si mesmo SAGRADO 0 – RC VILLALBÉS 5 O triunfo fronte ao Sagrado

Leer más...

O Lugo gaña en Nigrán e volve soñar cun posto no play off

A falta de dúas xornadas os albivermellos teñen opcións de estar entre os catro primeiros. Necesitan unha derrota do

Leer más...

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu