5 equipos lucenses na Liga Galega xuvenil
LIGA GALEGA XUVENIL, este é o modelo competicional para esta tempada.
- 2 grupos de 20 equipos cada un para un total de 38 xornadas en cada grupo
- 1 ascenso directo en cada grupo
- O segundo, terceiro, cuarto e quinto clasificados en cada un dos grupos disputarán o playoff de ascenso
- Os 4 últimos clasificados de cada grupo descenderán de categoría
- A liga regular comeza o 11 de setembro e rematará o 21 de maio. O playoff de ascenso celebrarase do 28 de maio ao 18 de xuño
Os 5 representantes lucenses competirán no Grupo 1. Rácing Villalbés tras descender da Liga Nacional, Viveiro CF, SD Ribadeo, Residencia e o recén ascendido Milagrosa