2023 arrinca sen puntos en Honra

En Cadete Superiores, División de honra, General, Principal

CD LUGO
Segunda derrota no que vai de tempada para o Lugo nas Gándaras, onde os albivermellos tan só perderan no primeiro encontro disputado coma locais ante o Xuventude Oroso alá polo més de setembro do 2022. Na xornada inaugural do 2023 o Areosa asaltou o feudo lucense pese ao 1-0 co que se chegou ao descanso tras unha primera parte na que os de Rochela tardaron uns minutos en axustarse tanto en defensa coma en ataque, pero a partir do ecuador do primeiro tempo foron máis compactos e pasada a media hora de xogo chegou o gol de Martín, ao rematar un centro de Raúl pasada a media hora de xogo.
Tralo descanso, ao Lugo volveulle custar entrar en partido na posta en escena e nesta ocasión o Areosa aproveitouno, remontando o encontro en apenas seis minutos tras sendos roubos de balón tras perda no inicio de xogada albivermella.
Con vinte minutos por diante o Lugo volcouse en busca de, como mínimo o empate, pero non encontrou o camiño para ver porta mentras que xa no treito final, cos lucenses completamente volcados, o Areosa sentenciou o encontro co definitivo e abultado 1-3 final co que se levou os tres puntos das Gándaras.
VIVEIRO CF
Cruel derrota para os mariñaos na súa visita ao Manolo Barreiro onde os de Chumi foron mellores en todo ante o Lérez menos no marcador final, desnivelado por un solitario gol local pasada a hora de xogo.
Ata entón, pese ao retraso co que compareceu o Viveiro ao encontro, os mariñaos foron mellores, levaron o peso do partido e dispuxeron das ocasións máis claras nun primeiro tempo no que Álex, cun remate cruzado, foi o que máis preto estivo de inaugurar o marcador.
Tralo descanso, o segundo tempo arrincou co mesmo guión, cun Viveiro coma claro protagonista ao que tan só lle faltaba a guinda do gol, algo que conseguiu o Lérez nunha acción illada que naceu nun saque de banda.
Con pouco máis de un cuarto de hora por diante, Chumi meteu máis pólvora en ataque para buscar o empate, cun cambio de sistema pasando a un 4-4-2 co que encerraron ao Lérez no seu campo e co paso dos minutos prácticamente na súa área, pero sen o premio do gol que puido chegar en dous penaltis reclamados polos mariñaos e non sinalados polo colexiado nun encontro no que o Viveiro CF mereceu xa non o empate, senón que os tres puntos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu