O Lugo, de amarelo, invencible este curso

En División de honra, Principal grande, Xuvenil

Encontro de 10  dos de Álex Antón co que se impuxeron ao Deportivo na Reigosa, con dous goles Álex Ramos

O Lugo aprobou con sobresaliente a única materia que quedaba pendente neste brillante inicio de tempada dos de Álex Antón na División de Honra xuvenil, que non era outra que gañar na casa.
A novidade foi a vestimenta, xa que o Lugo xogou coa súa segunda, indumentaria, a amarela coa que só coñecen a vitoria esta tempada tras impoñerse ao Alondras, Covadonga, Roces e Deportivo. Casualidad ou non, coa albivermella aínda non coñecen a vitoria, xa que empataron ante o Spórting e perderon co Celta de Vigo.
A esixencia volvía ser máxima en casa, recibindo ao terceiro aspirante ao título de forma consecutiva, pero o Lugo demostrou estar á altura e mesmo ser superior a todo un Deportivo, que nas primeiras catro xornadas só encaixara tres goles, e da Reigosa levou dous.
A primeira parte disputouse de poder a poder, con moita igualdade en todas as facetas do xogo entre dous equipos que querían ser protagonistas, pero ambos incidiron máis en minimizar erros. O capítulo das ocasións tamén se equilibrou na primeira parte, tendo o Lugo as máis claras por medio de Álex, primeiro cun centrochut que se estrelou no traveseiro, e ao fío do descanso cun man a man tras un pase de David no que o porteiro herculino gañoulle a partida. Mentres que o Deportivo buscou o cero a un cun disparo perigoso desde fóra da área e un remate tras un saque de esquina.
Ao descanso o empate era o resultado máis xusto, e xa para a segunda parte a sensación era de que o que primeiro marcase tería moito ganado.
A loita centrouse no medio campo, lonxe das áreas, nos primeiros minutos, ata que apareceu David Guitián para desnivelar o encontro. O extremo fíxose co balón no carril destro, internouse na área e escondeu o balón ata que un defensa do Deportivo meteu o pé derrubándoo nun claro penalti.
A responsabilidade tomouna Álex Ramos e enviou o balón ao fondo da rede cun gran disparo. A partir de aí, o Lugo fíxose forte en defensa e en ataque Óscar era unha bombona de osíxeno cada vez que entraba en contacto co balón. Nunha delas, serviu un bo centro que rematou Álex Ramos ao fondo da portería cunha gran volea en carreira para sentenciar o encontro co seu cuarto gol da tempada.
Na recta final o Lugo puido incluso ampliar a conta cun man a man de Gabarre e outro disparo desde fóra da área de Álex Ramos e terminou mesmo gustándose na Reigosa ante o Deportivo.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu