16 gladiadores branquiazuis deron o mellor de si mesmos

En Infantil, Liga Galega

A Residencia volveu ser competitiva no campo dun dos grandes desta Liga 

A Residencia recollerá os froitos do seu gran traballo tarde ou cedo. Os de Kaiser volveron ver como o seu esforzo ao longo dos oitenta minutos non se traduce en puntos, pero o crecemento do equipo fai pensar que na segunda fase os da Cheda poidan loitar pola permanencia.
Como sucedeu en Abegondo fai quince días, a Residencia saíu de Bertamiráns coa cabeza moi alta tras xogar ante o segundo clasificado da Liga Galega infantil. Un rival que por talla é máis propio da competición cadete.
Ademais de defender con orde a Residencia nunca renunciou ao ataque e cada vez que era capaz de roubar, enlazaba un par de pases para ter opción de progresar. Todo iso malia que aos seis minutos o marcador xa era de dous a cero e ao descanso a diferenza foise ata o catro a cero.
Na segunda parte o Bertamiráns baixou un pouco a intensidade, o ritmo foi máis lento e os de Kaiser tan só encaixaron un gol máis.
Na dobre xornada desta semana a Residencia recibirá o xoves ao San Tirso e a fin de semana, tamén na Cheda, ao Imperator.

“Moi orgulloso do esforzo destes rapaces. Este é o camiño que debemos seguir” KAISER Residencia

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu