Vitorias de Residencia, Ribadeo e Milagrosa e empate entre Sarriana e Castro na Ribela

En Cadete, Cadete Autonómica, Provincial

A Residencia endereza o rumbo

 

RESIDENCIA 2 – POLVORÍN 0

A Residencia xa suma de tres en tres logo de impoñerse con autoridade ao Polvorín, que debutaba nesta segunda fase e do que se esperaba máis na Cheda, onde dominaron os locais con claridade.
García inaugurou o marcador moi pronto, aos sete minutos ao rematar un córner, o que lle deu moita tranquilidade á Residencia.
Os da Cheda atoparon moitas vías para xerar, sobre todo coa presenza de Javi Jacob no medio campo e de Cancio entre liñas, polo que a mellor noticia ao descanso para o Polvorín era o axustado un a cero que reflectía o marcador.
Xa no segundo tempo o Polvorín mellorou, pero acusou a lesión de Andrés, que tivo que retirarse do campo cando mellor estaban os de Caballero. Aínda así, aos amarelos quedáballes unha vida que gastaron ao fallar un penalti, e disparáronse no pé cunha xogada de mala fortuna na que encaixou o dous a cero cun autogol co que a Residencia puxo rumbo fixo cara aos tres puntos.

 


O Ribadeo pasou coma un cliclón polas gándaras na primeira parte

 

SAGRADO 0 – RIBADEO 5

O Ribadeo levouse os tres puntos das Gándaras tras unha gran primeira parte na que non concedeu opcións ao Sagrado Corazón e sentenciou o encontro co cero a catro co que se chegou ao descanso.
Aos dez minutos Hugo fixo o primeiro ao rematar un saque de esquina, del Viso ampliou a diferenza cun lanzamento de falta e Borja asinou o cero a tres, de novo, tras un saque de esquina. O cuarto antes do descanso foi obra de Casanova.
Na segunda parte as forzas igualáronse e o Sagrado foi máis competitivo, pero del Viso pechou o marcador co cero a cinco final.

 


Sarriana e Castro van pasiño a pasiño no Provincial cadete

 

SARRIANA 1 – CASTRO 1

Segundo empate nas dúas primeiras xornadas do Provincial cadete para Sarriana e Castro, que asinaron táboas a un gol na Ribela tras igualar os seus encontros tamén na primeira xornada.
Ao cuarto de hora Abella inaugurou o marcador nunha primeira parte na que predominou o xogo en mediocampo. Na segunda, empatou o Castro cun gol en propia porta tras una falta botada por Asier.
Pouco despois chegou a expulsión rigorosa de Abella por dobre cartón amarelo e o encontro volveuse máis tolo, con opcións para os dous equipos pero sen que se movese o marcador final.

 


 

A Milagrosa xa é líder e o único equipo con pleno de puntos

 

XOVE LAGO 2 – MILAGROSA 6

Excesiva diferenza final entre Xove Lago e a Milagrosa nun partido que empezaron gañando os mariñaos e no que a falta de tan só cinco minutos, o marcador era de empate a dous goles.
Ata entón Diego adiantara aos locais, pero antes do descanso empatou a Milagrosa. Xa na segunda parte chegou o un a dous dos capitalino, pero de novo Álvaro igualou o marcador.
Ante a falta de efectivos, Iravedra, recurriu ao porteiro Aarón coma xogador de campo, nun treito final no que a Milagrosa desnivelou o partido co 2-3 a cinco minutos do final nos que os de Madriles asinaron tres goles máis.

También puedes leer!

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.

*

Mobile Sliding Menu