Xornada sen sorpresas antes do derbi entre CB Burela e CB Ribadeo

En 1ª División, Cadete, Cadete Masculino

HIERROS 89 – ESTUDIANTS 03 34

CB RIBADEO 114 – MGR SARRIA 54

CIDADE 109 – SAGRADO 13

ESTUDIANTES 118 – CELTAS FOZ 45

A quinta xornada da Liga masculina cadete rematou sen sorpresas. O calendario fixou para esta fin de semana enfrontamentos entre os equipos da zona alta da táboa e os da zona baixa, e os marcadores reflicten un claro desequilibrio.
Claro que, nun escenario de superioridade dos primeiros, as sensacións non foron igual para todos.
O triunfo de Sagrado Corazón foi máis contundente no marcador que na cancha, onde Estudiantes 03 impediu que os de Rubén Engroba dominaran en defensa e tiveran a mobilidade desexada en ataque durante fases do partido.
Pola sua parte, Cidade de Lugo, que por fin puido reunir a plantilla ao completo para un encontro, logrou o maior rexistro anotador da temporada, 109 puntos que dobran a media por partido que lograra nas catro primeiras xornadas, e con canastras repartidas entre os 10 xogadores que pisaron a cancha.
Máis acostumados a superar o centenar de puntos, CB Ría de Ribadeo e Estudiantes Lugo 02 seguen igualados a cinco vitorias no alto da táboa tras disputaro os partidos desta xornada. Os dous equipos amosáronse pletóricos nos seus encontros ante CB Sarria e Celtas Foz, respectivamente. A superioridade física de líder e colíder foi unha baza máis ao seu favor nos encontros disputados no Pavillón Municipal de Ribadeo e no Anexo.
O Oral Design CB Sarria-CB Burela tamén correspondente á quinta xornada aprazouse ata o vindeiro 6 de decembro. Antes disputarase a sexta xornada da Liga, cun interesante derbi mariñao na axenda, un CB Burela-CB Ría de Ribadeo, ao que os dous equipos chegarán invictos.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu