Xornada infantil Provincial

En 2ª División, 2ª División, Infantil, Infantil Feminino, Infantil Masculino

O Sagrado Corazón deu esta fin de semana un paso case decisivo para proclamarse campión provincial.

Os de Rubén Engroba gañaron o sábado ao Burela e o domingo ao Ribadeo (77-65) un partido aprazado contra un dos rivais máis incómodos aos que lles quedaba por medirse no camiño cara ao título. A dúas xornadas para o final, Sagrado Corazón conta cunha vitoria máis e o average frente a Ensino, o único rival pola primeira praza. Así, unha vitoria en Viveiro a próxima xornada faría aos de Engroba campións provinciais.
Malia non depender de sí mesmo, Ensino apurará as súas opcións metendo presión ao líder. como fixo esta fin de semana na que se impuxo a un MGR Sarria que, malia á entidade do rival, non baixou os brazos en ningún momento.
A antepenúltima xornada da competición masculina deixou tamén vitoria de CB Celtas, que se impuxo a un Cidade moi combativo en Marzán; CB Ribadeo, ante Estudiantes 06; Franciscanos, que venceu a AG Elevadores; e CB Viveiro, que levou a vitoria ante Estudiantes 05.
Os viveirenses foron directos cara ao triunfo baixo a batuta de Carlos Bris, que anotou 45 dos 78 puntos do seu equipo e que se consolida como o máximo anotador da categoría a falta de dúas xornadas por disputarse.

Infantil feminino
O Ensino rematou a liga regular invicto tras sumar ante o CB Viveiro o décimo sexto triunfo da temporada. O equipo de Aigor Romo chega nun excepcional estado de forma á eliminatoria polo campionato provincial que disputarán a última fin de semana de abril contra o Academia A Mariña CB Burela, segundo clasificado. As de Madar tiveron un duro test ante o CB Sarria, que quixo pechar a liga co mellor sabor de boca. A versión que exhibiron no Chanto foi das mellores da temporada, aínda que non lles chegou para alcanzar un triunfo que lles quedou a 5 puntos.
A derradeira xornada da competición regular completouse con vitorias de Estudiantes e de Franciscanos que deixaron moi boa imaxe na despedida ligueira con triunfos corais nos que mostraron o bo nivel co que chegan ao final da temporada.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu