Xa son trece vitorias consecutivas

En 1ª División, Preinfantil, Preinfantil Masculino

Estudiantes, sen facer o seu mellor partido, volveu gañar

 

PORRIÑO 59 – ESTUDIANTES 82

Estudiantes xa conta trece vitorias consecutivas na Liga Galega preinfantil entre a primeira fase e esta segunda, sumando os de Nico Fernández xa cinco meses de competición sen coñecer a derrota.
Ante Porriño, nunha pista tradicionalmente complicada, Estudiantes gañou sen ter que ofrecer a súa mellor versión.Nos primeiros minutos a intensidade dos locais viuse reflectida no marcador cun parcial inicial de 18-15. O toque de atención foi captado polos celestes, que coma sempre empezaron a crecer desde a defensa. Ao poñerse duros atrás o equipo tamén atacou mellor, e cun segundo parcial de 7-17 chegouse ao descanso con 25-32 no marcador.
Ao comezo da segunda parte, pese a estar correctos, Porriño mantívose no partido con accións individuais ante as que Estudiantes sufriu ata perder o terceiro parcial 23-21 e encarar os últimos dez minutos con cinco puntos de vantaxe.
No desenlace final Estudiantes non deu marxe á sorpresa e cun xogo compacto desnivelou con autoridade o marcador ao seu favor cun último parcial de 11-30.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu