De volta á senda da vitoria tras un disputado partido na Coruña

En 1ª División, Cadete, Cadete Feminino

FERNÁN VARELA – Estudiantes

“Enhorabuena a las niñas por una victoia más. A seguir trabajando en la misma línea para llegar bien al final de temporada”

BASQUET CORUÑA 53 – ESTUDIANTES 59

Estudiantes volveu á senda da vitoria na Liga Galega cadete feminina tras impoñerse ao Basquet Coruña nun partido máis efectivo que vistoso, xa que as celestes non chegaron a atopar nunca as mellores sensacións para romper definitivamente un partido que chegou aberto ao tramo final, aínda que sen a sensación de que as herculinas puidesen remontar.
Ata entón Basquet Coruña plantara cara, impoñéndose no primeiro parcial por un axustado 15-13. A partir de aí a defensa lucense subiu o ton de intensidade e deixou ás locais en tan só 8 puntos nos segundos dez minutos nos que anotaron 14 para irse ao descanso con vantaxe no marcador, 23-27.
Tralo descanso Estudiantes ampliou a vantaxe ata superar a barreira dos dez puntos ao comezo do terceiro cuarto, pero non puido manter a renda na recta final, cedendo neste parcial por 16-14, o que deixaba nun só punto a vantaxe lucense de cara aos dez últimos minutos.
Neles, pese ao axustado do marcador, Estudiantes levou sempre a batuta e volveu poñer terra polo medio no marcador con diferenzas que oscilaban os dez puntos.
Xa na recta final, sen poder sentenciar definitivamente o partido, o conxunto celeste optou por controlalo para asinar unha nova vitoria.
Na próxima xornada as de Fernán Varela reciben no Anexo a outro equipo herculino, neste caso a un Maristas Coruña que non coñece a vitoria nos seus catro encontros disputados e que non competiu esta pasada fin de semana tras aplazar o encontro ante Ensino.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu