Viveiro vendeu cara a derrota en Ferrol nunha xornada na que gañaron Cidade e Ribadeo

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

STA MARÍA 42 – CIDADE 78

NARÓN 51 – RIBADEO 82

CB FERROL 45 – VIVEIRO 43

 

Boa xornada para os representantes lucenses na Segunda División júnior masculina, na que non competiu Estudiantes pero na que Cidade de Lugo e Ribadeo gañaron os seus respectivos encontros e o Carferlo Viveiro loitou pola vitoria ata os ´ultimos segundos en Ferrol.
Cidade de Lugo e Ribadeo son, sen dúbida, dous dos equipos en mellor forma da competición. Os capitalinos demostrárono ante Santa María del Mar ao impoñerse con autoridade 42-78 e os mariñaos en Narón, onde se levaron a vitoria 51-82.
A Cidade custoulle meterse no encontro, pero en canto o fixo rompeu o encontro ao seu favor con vinte minutos de moi bo baloncesto, asinando un 10-24 no segundo cuarto e 17-30 no terceiro para asentarse na segunda praza da competición.
Pola súa banda, Ribadeo volve ser o equipo de principio de tempada, guiados por Marco, o equipo esta tivo unha gran posta en escena con 17-30 no primeiro cuarto. Lonxe de acomodarse, a defensa mariñá continuou sendo intensa, e froito diso a diferenza foise por encima dos vinte puntos ao longo da primeira parte, que finalizou con 30-46.
Na segunda Rubal repartiu minutos e probou situacións reais de xogo de cara a próximos encontros que funcionaron, xa que a diferenza continuou ampliándose ata o 51-82 final.
O Carferlo Viveiro tivo opcións de vitoria en Ferrol ata os últimos minutos. chegándose co marcador empatado ao último cuarto. Foi entón cando a balanza se desnivelou para os locais tras varias perdas de balón de Viveiro nas posesións craves do encontro.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu