O Viveiro quedouse a un só punto da vitoria

En 2ª División, Júnior, Junior Masculino

CARLOS NOVO – CB Viveiro

“Nos faltó madurez para cerrar el partido”

CB VIVEIRO 37 – STA. MARÍA 38

Un punto separou ao Viveiro da súa segunda vitoria da temporada. Unha diferenza mínima ante un rival que fóra superior na ida, 65-51.
Os de Carlos Novo deixaron escapar o triunfo nos últimos minutos dun partido igualado e sen moita alegría atacante por parte de ningún dos dous equipos.
Un mal inicio dos dous conxuntos deixou o primeiro parcial nun escaso 3-6. No segundo período o Viveiro achegouse máis a canastra cunha boa circulación e segundas opcións, froito do seu dominio no rebote ofensivo. O 12-9 do segundo período deixou o marcador igualado ao descanso, 15-15. O paso polos vestiarios volveu enfriar aos dous conxuntos, erráticos na súa volta á cancha, como reflicte o parcial de 6-8 co que se chegou ao final do terceiro cuarto.
A diferenza entre os dous equipos era mínima, e a igualdade mantívose ata o final no que a maior veteranía do equipo coruñes, que soubo atacar mellor a defensa viveirense, desnivelou a balanza.
Os de Carlos Novo buscarán a súa segunda vitoria na Liga a vindeira xornada, ante Baloncesto Narón. Tras a visita a Narón chegará o derbi con Estudiantes.

Deja una respuesta:

Tu correo electrónico no será publicado.


*

Mobile Sliding Menu