O cadro mariñao impúxose con autoridade e Franciscanos sufriu a primeira derrota ante un Baxi Ferrol que sorprendeu no Anexo por xogo e potencial
Viveiro xa é líder en solitario deste Grupo da Segunda División cadete masculina tras asinar ante Baxi Ferrol P. a quinta vitoria noutros tantos encontros disputados, e tamén tras caer por primeira vez no que vai de curso un Franciscanos que se viu superado por Baxi Ferrol no Anexo, onde o cadro ferrolán sorprendeu por xogo e potencial.
Viveiro non tivo excesivos problemas ante o filial ferrolán nun encontro dominado practicamente de principio a fin, 68-21.
Outro equipo que sae reforzado desta quinta xornada é Castro Agrasar Sarria, que non concedeu opcións ante BBCA en Novo Chanto, sumando deste xeito o terceiro triunfo noutros tantos encontros disputados.
O cuarto partido programado para esta xornada, que debía medir a Celtas con Ensino Lugo, aprazouse para o vindeiro 10 de decembro, tralo parón.
Os mesmos encontros desta xornada disputaránse na sexta co único cambio do intercambio de pista, antes de chegar ao parón pola Ponte da Constitución.